As vítimas do falso médico ferrolán piden o seu ingreso inmediato en prisión tras o fallo do TS: "Hai risco de fuga"

O Supremo elevou a 4 anos e medio a pena de cárcere fronte aos 2 anos e 9 meses que lle impuña a Audiencia de Castelló.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 26/05/2020 | Actualizada ás 16:03

Comparte esta noticia

A Asociación de Afectados de Intrusismo Médico-Sanitario (AIMS) pediron o ingreso en prisión inmediato e a retirada do pasaporte para o falso médico ferrolán José Manuel López Pérez, coñecido como Coté, quen acaba de ser condenado a 4 anos e medio de prisión polo Tribunal Supremo por intrusismo e estafa a unha vintena de pacientes nun centro en Vinaròs (Castelló).

Tribunal Supremo
Tribunal Supremo

A presidenta desta asociación de vítimas, Esther Fontán, explicou que os avogados solicitaron estas medidas cautelarísimas ante o "risco claro de fuga", de modo que así comece de forma inmediata o cumprimento da sentenza.

Ademais do fallo do Supremo, está pendente de que comece o xuízo na Audiencia Provincial da Coruña —suspendido xa en dúas ocasións, a última en abril pola incidencia da pandemia da COVID-19— polos feitos das súas clínicas de Ferrol e Viveiro, polos que Fiscalía chega a solicitar máis de 300 anos de prisión.

Sobre a sentenza xa ditada, Fontán celebra que se dea "carpetazo" ao ocorrido en Vinaròs, polo que se di "satisfeita" a pesar de que lle gustaría que a condena fose maior: "Que vaia a ingresar no cárcere xa é motivo de satisfacción". En concreto, o Supremo elevou a 4 anos e medio a pena de cárcere fronte aos 2 anos e 9 meses que lle impuña a Audiencia de Castelló.

Fontán destaca que grazas a este fallo os afectados de Vinaròs "poden pasar páxina", ao que engade que a causa da Audiencia coruñesa, suspendida xa dúas veces, pode recibir "un empurrón". Neste sentido, a presidenta dos afectados reclama "unha lombeirada" para fixar a data do xuízo. "Dános o mesmo que sexa telemático ou presencial", apostila.

E é que, segundo lamentou, os que teñen xa "unha condena de 12 anos e 4 meses" á espera de xuízo —desde a súa detención en Ferrol— son precisamente "as vítimas" e todos os que "xa non están", en referencia tanto aos que morreron polo tempo transcorrido como á persoa que faleceu supostamente por unha neglixencia do propio Coté.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta