Comezan as rozas en estradas autonómicas para a campaña de incendios

Os traballos céntranse na retirada de especies pirófilas, como poidan ser eucaliptos e piñeiros, así como en rozas, coa redución progresiva do uso de herbicidas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2020 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia



A Xunta, a través da empresa pública Seaga, realiza rozas e limpezas en máis de 30 estradas autonómicas para previr incendios e reforzar a seguridade viaria.

Este mércores a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, mantiveron unha videoconferencia co equipo de Seaga responsable destes traballos que se van a facer ata finais de xullo no catro provincias.

As tarefas comezaron a pasada semana en vías da Mariña e de Baixo Miño, mentres continúan esta semana nas áreas da Coruña, Ferrol, Baixa Limia, Viana e Vigo.

Os traballos céntranse na retirada de especies pirófilas, como poidan ser eucaliptos e piñeiros, así como en rozas, coa redución progresiva do uso de herbicidas.

Ademais, acondiciónanse as sendas e zonas verdes para o tránsito peonil, cuxo uso se incrementa na época estival. Todo iso, coas medidas de protección fronte ao coronavirus por parte dos traballadores.

Tractor rozando unha leira. EMDESFOR - Arquivo
Tractor rozando unha leira. EMDESFOR - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta