O sindicato SATSE propón que o rastrexo da COVID-19 sexa liderado en Galicia por profesionais de enfermaría

Tamén reclamou á dirección de Asistencia Sanitaria de Galicia, o reforzo de profesionais de Enfermaría, tanto en Medicina Preventiva como en Atención Primaria e solicitou a Saúde Pública información sobre "o número exacto de sentinelas da COVID-19 que van encargarse do rastrexo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2020 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

O Sindicato de Enfermaría (SATSE) propón que os labores de rastrexo do coronavirus estean liderados por profesionais do servizo de Enfermaría en toda a comunidade galega, como aseguran que ocorre noutras rexións.

Nun comunicado remitido aos medios este mércores, o sindicato lembrou que a 061 conta cun servizo de Enfermaría consultor que serviría para levar a cabo o "circuíto completo de rastrexo" cun "reforzo de profesionais".

Consideran que o feito de que o groso dos rastreadores sexan teleoperadores do 061 é un "hándicap" xa que "non xeran a mesma confianza" á poboación "ao non tratar cun profesional sanitario".

Segundo explicaron, os encargados do rastrexo realizarán un test pechado, para derivar o cribado a Medicina Preventia. Estes poranse en contacto con pacientes, contactos e Centro de Saúde.

En base a isto, SATSE tamén reclamou á dirección de Asistencia Sanitaria de Galicia, o reforzo de profesionais de Enfermaría, tanto en Medicina Preventiva como en Atención Primaria e solicitou a Saúde Pública información sobre "o número exacto de sentinelas da COVID-19 que van encargarse do rastrexo".

Por outra banda, sinalaron que SATSE non é o único sindicato que reclama información, senón que "hai uns días eran os médicos de Atención Primaria os que criticaban a Sanidade" ante a "falta de información con respecto ao rastrexo que se está levando" e pedía coñecer "cales dos seus pacientes están en illamento por sospeita COVID".

A secretaria xeral de Satse en Galicia, Carmen García Rivas
A secretaria xeral de Satse en Galicia, Carmen García Rivas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta