Avalancha de denuncias contra os grandes proxectos industriais da Xunta en pleno estado de alarma

107 colectivos recorreron as ordes da Xunta que permiten tramitar proxectos ambientalmente agresivos durante o estado de alarma.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/05/2020 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

Máis dun cento de colectivos presentaron Recurso de Reposición fronte a Orde da Consellaría de Medio Ambiente, do 27 de abril, e fronte a Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 5 de maio de 2020 pola que se dá continuidade á tramitación de preto de 1000 expedientes administrativos de proxectos industriais durante o estado de alarma.

Sinal de desprendemento de bloques de xeo desde aeroxeradores eólicos.. ASOCIACIÓN SALVEMOS CABANA
Sinal de desprendemento de bloques de xeo desde aeroxeradores eólicos.. ASOCIACIÓN SALVEMOS CABANA

Este recurso foi presentado polo grupo de traballo denominado "Alerta Ambiental Galega", que nacía hai menos dun mes como resposta ao acordo do Consello da Xunta do xoves 30 de abril do 2020 (DOG deste 4 de maio) no que se aprobou reactivar a tramitación administrativa en materia de avaliación ambiental de 975 proxectos que estaban paralizados polo Real Decreto que declarou o Estado de alarma.

As entidades recorrentes piden a suspensión cautelar das ordes da Xunta por contravir o decreto do Estado de alarma, que estableceu con carácter xeral a suspensión dos termos e dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. Só contempla, como forma excepcional, que se poidan acordar, mediante resolución motivada, a continuación daqueles trámites que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos.

A XUNTA APROVEITA A "EXCEPCIONALIDADE" PARA TRAMITAR TODO

“Porén, a Xunta aproveita esa excepcionalidade do Real Decreto para subverter a regra xeral, e atribuírlle tal carácter a preto de mil expedientes que, na súa maioría non son de interese xeral nin son indispensables ou estritamente necesarios para o funcionamento básico dos servizos públicos”, din as entidades denunciantes.

Ademais, critican que a Xunta utiliza este proxecto de excepcionalidade para todos os proxectos sabendo que a situación sanitaria e de confinamento impide que entidades sociais e veciños poidan exercer os seus dereitos a presentar alegacións. “Por tanto, mentres dure o Estado de alarma os dereitos fundamentais dos administrados sofren un menoscabo e as persoas e colectivos temos menos posibilidades de exercer o control sobre a acción administrativa en materia de medio ambiente ou para evitar que dela se deriven ilegalidades”, indican.

INVESTIGACIÓN Á DELEGACIÓN DO GOBERNO

Así mesmo, as entidades recorrentes instan á Delegación do Goberno en Galicia para que atenda a ditos recursos de reposición e revise pola súa banda se as ordes das consellarías de Medio Ambiente e de Industria da Xunta de Galicia se axustan ás disposicións do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo do 2020, ou se pola contra as contraveñen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Gamela

Quen decretou o estado de alarma e o prorrogou ate a náusea ? Levamos 75 días e chegaremos ata os 86 dias baixo este Réxime Autoritario ! Haberá que lembrar a resposta que deu o Bipartito en 2009 (cando o PP estaba na oposición) ? https://flic.kr/p/6KDzNy Vivimos gobernados por tolos que non miran máis cos seus intereses a curto prazo ! Agora pasamos da pandemia ao cambio climático (?) Non temos remedio... viviremos sempre nun eterno lamento?

1 Viriatus

Terrible. Algunos piensan que podemos vivir del aire o ser todos funcionarios o jubilados.

1 José

Pero ti non sabes ler ou qué? A nova é ben clara, meridiana, nun estado de alarma non se pode exercer o dereito de información e alegación pública.