Así son 'Os restos do franquismo en Galiza'

Un libro de Manuel Monge recolle as manifestacións e a pervivencia do franquismo en Galicia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2020 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

O libro 'Os restos do franquismo en Galiza. Honras, privilexios e distincións a golpistas, franquistas e criminais' chegará ás librarías na primeira semana de xuño. O seu autor, mestre, sociólogo e expresidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Manuel Monge, recompila nas 400 páxinas desta publicación os máis de 600 símbolos franquistas que aínda se manteñen en 87 concellos de todo o país. 

Capa do libro 'Os restos do franquismo en Galiza'
Capa do libro 'Os restos do franquismo en Galiza' | Fonte: remitida

Editado por Edicións Laiovento, a súa capa leva unha foto do expresidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga Iribarne, facendo o saúdo fascista. Con esta potente imaxe, Manuel Monge dá comezo a todo un relato no que insta a entender os 'restos do franquismo' "dun xeito amplo e non limitado á simboloxía franquista, porque a supervivencia do franquismo ten múltiples manifestacións", explica o autor. "Que o ministro da ditadura Rodolfo Martín Villa, por exemplo, teña hoxe a Medalla de Ouro de Galicia, é unha vergoña para Galiza e unha clara expresión dos restos do franquismo", engade.

Cunha Lei de Memoria Histórica enriba da mesa "que é insuficiente e, ademais, non se cumpre", Monge di que "é hora de actuar, con contundencia". Cómpre para iso vontade política, partidas correspondentes nos orzamentos e debate e mobilización social, explica. "Esta batalla non se vai gañar só desde as institucións". Por todo isto, agarda que con esta nova publicación, a súa sétima desde o 2015, contribúa a que todas as organizacións políticas "tomen un pouco máis en serio a eliminación desta simboloxía e actúen cun mínimo de coherencia".

Trátase, fala por último, dun libro "colectivo, resultado de moitas colaboracións". O autor fai un agradecemento expreso, pois, a todas as persoas presas políticas na ditadura, historiadoras, investigadoras, xornalistas, asociacións memorialistas e culturais. As presentacións por todo o país comezarán a partir do 8 de xuño. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Riolo

¿Para cuando un libro sobre la persistencia del comunismo en Galicia, comenzando por la infame estatua al asesino Che Guevara en el concello gallego más rico?

1 Gamela

Algúns reciben o 70% dos votos e manteñen os símbolos da Ditadura ! https://flic.kr/p/27eYtpj Outros sacan a momia a pasear e decretan Estado de Alarma Permanente ! Esto de dar bandazos non leva a ningures ! A Santa Compaña vai pasearse por Galicia o vindeiro 12 de xullo... https://i.gal/gamela23