A Coruña crea uns sinais para facilitar as distancias nas terrazas

O consistorio entregaralles aos establecementos que o soliciten uns vinilos con mensaxes que pretenden axudar á hostalaría a cumprir as medidas de seguridade.

Por E.P. | A CORUÑA | 28/05/2020 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña, a través do Consorcio de Turismo e coa colaboración da Concellaría de Mobilidade, impulsou unha sinalética que ten como finalidade distinguir os locais que nas súas terrazas aplican medidas para previr contaxios polo COVID-19 e ofrecer seguridade á clientela.

Esta iniciativa, proposta polo sector hostaleiro, servirá para facilitarlles aos establecementos a distribución dos espazos nas súas terrazas.

No acto de presentación, estiveron presentes a xerente do Consorcio, Lanzada Calatayud, os concelleiros de Turismo e Mobilidade, Juan Ignacio Borrego e Juan Díaz Villoslada, respectivamente, e o representante da hostalaría da Marina, Antón Sáez.

Sobre a iniciativa, Sáez sinalou que para o sector era moi importante que toda a sinalética "levara a marca do concello". No marco da mesma, o consistorio entregaralles aos establecementos que o soliciten uns vinilos con mensaxes que pretenden axudar á hostalaría a cumprir as medidas de seguridade impostas polas autoridades sanitarias.

Ao mesmo tempo, permite garantir á veciñanza e ás persoas visitantes que este verán cheguen á cidade que se respectan as indicacións. Serve, ademais, para que os locais presenten unha estética homoxénea, en especial nas zonas máis turísticas da cidade.

Por iso, a sinalética empezará a colocarse na Marina, por ser "a fachada máis visible" da Coruña, e irase implantando a medida que a pidan os locais de hostalaría do centro.

Turismo da Coruña e o Concello presentan unha sinalética para axudar a cumprir as distancias en terrazas. ANDY PEREZ
Turismo da Coruña e o Concello presentan unha sinalética para axudar a cumprir as distancias en terrazas. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta