Convocadas case 120 prazas para auxiliar de policía local

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves a convocatoria do proceso de selección para cubrir 119 prazas de auxiliares de policía local para 26 concellos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2020 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves a convocatoria do proceso de selección para cubrir 119 prazas de auxiliares de policía local para 26 concellos.

Diso informou a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado, no que explica que o procedemento se convoca polo trámite de urxencia, polo que todos os prazos redúcense á metade, excepto os referir# a a presentación de solicitudes, recursos e alegacións. A previsión é que as probas poidan celebrarse no mes de xuño.

Deste xeito, o departamento autonómico indicou que dá cumprimento ao acordo alcanzado no Centro de Coordinación Operativa (Cecop) fronte á COVID-19, que na súa reunión do 16 de maio acordou iniciar os procesos selectivos dos postos de auxiliares de policía local, por entender que a súa cobertura é indispensable para a protección do interese xeral.

Os municipios que convocaron prazas para esta convocatoria son A Cañiza, A Estrada, A Guarda, A Laracha, Barbadás, Bueu, Cangas, O Carballiño, Carballo, Cedeira, Gondomar, Malpica de Bergantiños, Miño, Noia, O Barco de Valdeorras, O Grove, Oleiros, Ortigueira, Ponteareas, Redondela, Rianxo, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Tomiño, Vilagarcía deArousa e Vilanova de Arousa.

As solicitudes poderanse presentar durante 10 días hábiles, contados a partir deste venres. Unha vez terminado o prazo de presentación de solicites, publicarase no DOG e na páxina web da Agasp a resolución coa lista provisional de persoas admitidas e excluídas, e abrirase un prazo de cinco días para posibles emendas.

O proceso será o de oposición por modalidade libre e incluirá a comprobación de estatura, proba de aptitude física, proba de coñecemento e proba de lingua galega para aqueles non estean exentos.

Os aprobados poderán elixir destino --por orde de puntuación-- nalgún dos concellos que ofrezan prazas. Ademais, deberán superar un curso de formación teórico-práctico como requisito indispensable para que se proceda á súa contratación. Aquelas persoas que non superen o proceso pasarán a conformar unha lista de reserva para futuras contratacións.

VOLTA Á FORMACIÓN PRESENCIAL

Por outra banda, o departamento autonómico sinalou que o próximo 1 de xuño comezará a retomarse gradualmente a formación presencial na Agasp, ao volver ás aulas o alumnado do curso básico selectivo de acceso á categoría de policía local, correspondente á 12º promoción.

Cando se decretou o Estado de Alarma, o alumnado deste curso --que acababa de empezar-- incorporouse de forma extraordinaria para un período de prácticas nos seus concellos de destino. Agora, a partir do 1 de xuño, volverán á formación presencial, na que se cumprirán todas as medidas hixiénico - sanitarias.

Posteriormente, do 11 de xullo ao 30 de agosto incorporarase de novo á formación práctica nos seus concellos, conteleformación na AGASP; e, finalmente, retomarán a formación presencial do 31 de agosto ao 30 de novembro.

Policía Local © Miguel Nuñez
Policía Local © Miguel Nuñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta