A Casa-Museo de Rosalía de Castro reabre as súas portas o 2 de xuño

Faino despois de máis de dous meses pechada por mor da pandemia de COVID-19.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/05/2020 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

A Casa-Museo de Rosalía de Castro, situada na localidade coruñesa de Padrón, reabrirá as súas portas ao público o próximo dous de xuño, despois de máis de dous meses pechada por mor da pandemia de COVID-19.

Casa museo de Rosalía de Castro, en Padrón.
Casa museo de Rosalía de Castro, en Padrón.

Segundo informaron os responsables da Fundación Rosalía, estanse a ultimar todas as medidas de seguridade e hixiene necesarias para reabrir, que suporán, entre outras cousas, unha redución de aforamentos.

A partir do 2 de xuño, casa Museo regresará co seu horario habitual (de 10,00 a 13,30 horas e de 16,00 a 19,00 horas, domingos e festivos só en horario de mañá e luns pechados), aínda que, polo momento, non se realizarán visitas de grupos escolares nin colectivos de adultos, polo que tampouco haberá visitas guiadas. Todas as instalacións serán desinfectadas diariamente.

A Fundación si admitirá a visita en grupo dun mesmo núcleo familiar de convivencia, ata un máximo de cinco persoas e, para iso, recomenda reservar o espazo a través do mail fundacion@rosaliadecastro.gal. As visitas individuais articularanse nun máximo de tres persoas por sala, 21 en toda a instalación.

As persoas que visiten o centro deberán facer uso de máscaras, gardar as distancias de seguridade, que estarán marcadas, e empregar o xel hidroalcohólico dispoñible na recepción. Non estará permitido tocar ningún obxecto ou moble do interior.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta