A asesoría xurídica da Xunta defende que a lexislación impide acumular prazas das OPE de Educación de 2020 e 2021

Argumenta que a oferta de emprego do ano 2020 e a de 2021 se rexen por normativa diferente.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/05/2020 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

A asesoría xurídica da Xunta sostén que a lexislación vixente impide acumular as prazas das oposicións de Educación de 2020 coas de 2021.

Oposicións
Oposicións | Fonte: Xunta.

Educación abrirá este luns, 1 de xuño, a inscrición para o proceso de oposicións docentes tras considerar que non se dan as garantías xurídicas necesarias para poder acumular as prazas da OPE de 2020 e as de 2021, e co obxectivo de tratar de blindar o proceso aprazado ao próximo ano.

Con todo, Educación realizou esta consulta á asesoría xurídica e confírmase esta imposibilidade, polo que remitiu o informe ás organizacións sindicais.

Así, argumenta, a oferta de emprego do ano 2020 e a de 2021 réxense por normativa diferente. A argumentación xurídica baséase en que a Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018 (cuxas prórrogas fan que sexa a que siga vixente) ampara unicamente as ofertas de estabilización de emprego temporal aprobadas e publicadas ata 2020; mentres que as ofertas de emprego público de 2021 deberán ampararse nunha nova lei de orzamentos.

Deste xeito, a asesoría xurídica sinala que coa normativa en vigor "non é posible acumular a oferta pública de emprego para o acceso aos corpos docentes regulados na lei orgánica 2/2006", xa que se precisa "dunha lei de orzamentos do Estado para aprobar as ofertas de emprego publico de estabilización de emprego temporal do 2021 en diante".

Por iso, a Xunta sinala que, ante a inexistencia de normativa que permita a acumulación de prazas, e co fin de blindar o proceso e a totalidade das prazas da OPE deste ano, a Consellería de Educación decidiu manter a convocatoria actual e abrir a inscrición o vindeiro luns, día 1 de xuño.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta