Temas: IGE

As forzas e corpos de seguridade representan o grupo da Administración no que máis confían os galegos

En segundo lugar está o sistema sanitario. O sistema político, o peor valorado.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/05/2020 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

As forzas e corpos de seguridade e o sistema sanitario representaron, por esta orde, os grupos profesionais dependentes da Administración que máis confianza xeran na galegos fronte ao sistema político, que recibiu as peores valoracións.

Coche Policía Nacional
Coche Policía Nacional | Fonte: Europa Press.

Segundo unha enquisa do Instituto Galego de Estatística (IGE) elaborada en 2019 cuxos resultados foron publicados este venres, as forzas e corpos de seguridade recibiron un 7,06 sobre 10 respecto da confianza que transmiten aos cidadáns, mentres o sistema sanitario (6,8) e o Exército (6,62) tamén se atoparon entre os mellor valorados. As puntuacións máis baixas foron adxudicadas ao sistema político (3,30), a banca (3,63) e as institucións relixiosas (3,67).

O IGE tamén destacou que, entre 2014 e 2019, aumentou a confianza media dos galegos en todas as entidades, excepto nos medios de comunicación (-0,02%) e as ONG (-0,24%). En cambio, o sistema xudicial foi a institución na que máis se elevou o nivel medio de confianza (1,51%), seguido polo sistema político (1,5%).

Respecto da confianza nas persoas, a puntuación media dos familiares sitúase en 8,79 puntos. Ademais, o 68,27% dos enquisados outorga unha puntuación de nove ou 10. A valoración da confianza depositada nos amigos ascende a 8,06 puntos, mentres que para outras persoas baixa a 5,72 puntos nunha escala de 0 a 10.

Temas: IGE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Xian do Sil

Normal. Si tienes un problema grave que amenaza tu vida llamas a la Policía, Guardia Civil o vas a Urgencias. Y suelen funcionar bastante bien todos ellos. Raro que no preguntaran por sindicatos como la CIG, Comisiones o UGT. Habría salido negativo, a no ser que le hubiera tocado la encuesta a alguno de sus liberados.

1 Papuxa

Se me preguntaran a min, daríalles un 2