Temas: CRISE A CORUñA

A Coruña dá exemplo: Goberno local e oposición aparcan diferenzas e acordan un plan de reactivación

Son 13,2 millóns para axudas no ámbito social e tamén a autónomos e pemes.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 29/05/2020 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

O goberno local da Coruña e os grupos da oposición —PP, Marea Atlántica, BNG e Ciudadanos— presentaron o plan acordado por todos as formacións políticas para a reactivación económica e social da cidade tras as consecuencias das crises sanitarias pola COVID-19.

A alcaldesa, Inés Rey, e os portavoces do goberno local e a oposición na Coruña presentan un plan de reactivación económica e social
A alcaldesa, Inés Rey, e os portavoces do goberno local e a oposición na Coruña presentan un plan de reactivación económica e social | Fonte: Concello.

Trátase dun plan dotado con 13,2 millóns de euros, dos que 8,9 millóns proceden de baixas de crédito e outros 4,3 millóns de remanentes de tesouraría e que se destinarán a distintos plans de actuación, segundo expuxo a alcaldesa, Inés Rey.

Xunto a ela, estiveron tamén o portavoz do goberno local, José Manuel Lage Tuñas, e o resto de portavoces da oposición: Roberto Rodríguez (PP), María García (Marea Atlántica), Francisco Jorquera (BNG) e Mónica Martínez (Ciudadanos).

O Plan de Reactivación Económica e Social da Coruña (Presco), que debe ser ratificado no pleno da próxima semana, inclúe medidas no ámbito social e económico, ademais de plans de apoio ao sector cultural. Ademais, crearase un Consello Económmico e Social, á vez que se impulsará unha oficina específica para tramitar estas axudas.

DOCUMENTO "CONSENSUADO"

"A pesar das nosas diferenzas e ideoloxías, por enriba de todo está o benestar dos coruñeses", sinalou a rexedora, quen destacou que se trata dun "documento consensuado" e "froito do diálogo".

Á súa intervención, seguíronlle as dos portavoces municipais, que subliñaron o acordo alcanzado fronte ao ambiente de "crispación" a nivel estatal, citou, entre outros, Francisco Jorquera. Tanto el como María García pediron "a máxima dilixencia" na tramitación destas axudas, algo ao que se comprometeu Lage Tuñas.

"Tempo haberá de discrepar", dixo o portavoz municipal do PP apelando, no actual contexto, ao consenso. No mesmo sentido, pronunciouse María García, de Marea Atlántica, quen mostrou o seu apoio ao plan co obxectivo de antepor "os intereses da cidadanía". Mentres, Mónica Martínez, de Ciudadanos, subliñou que a oposición llo puxo "bastante doado" ao goberno local en aras de alcanzar un acordo.

Entre outras medidas, no plan fíxanse axudas para autonómos e pequenas empresas; para intencivar o consumo no comercio e a hostalaría; liñas de axudas para sufragar alugueres ou itinerarios formativos, ao que se suman as axudas para emerxencia social, entre outras. En total, serán 2,4 millóns para o ámbito social; 8,9 para persoas autónomas e pemes e máis de 1,9 millóns para a mellora dos servizos públicos municipais.

Temas: CRISE A CORUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta