Os donos de furanchos poden solicitar aos concellos a reapertura dos seus locais ata o 31 de xullo

Deberán cumprir as medidas hixiénico-sanitarias establecidas polo Estado.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/05/2020 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, mantivo este venres unha reunión co presidente e o vogal da Federación Provincial de Furanchos, a quen informou de que, sempre que cumpran coas medidas hixiénico-sanitarias establecidas polo Estado, poden solicitar aos concellos a apertura dos seus locais ata o 31 de xullo.

Un furancho en Vigo
Un furancho en Vigo | Fonte: vigoturismo.com

En concreto, tal e como precisou durante a reunión, o inicio da súa actividade está permitido desde o 11 de maio naqueles casos en que prestan o servizo ao aire libre e desde o pasado luns, 25 de maio, cando desenvolven a actividade no interior.

Os furanchos, locais nos que os seus propietarios venden o excedente do viño de colleita propia, son establecementos abertos ao público que deben seguir tamén as restricións marcadas en materia de saúde pública e prevención da COVID-19.

Marta Fernández-Tapias indicou aos representantes do sector que o CECOP, na súa reunión do 5 de maio, xa recomendou aos concellos, que son os que teñen competencias nestes locais, barallar a posibilidade de ampliar a tempada 2020 ata o 31 de xullo, para que os furanchos poidan estender a súa actividade, que pode ser dun máximo de tres meses.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta