Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/05/2020 | Actualizada ás 21:35
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu este venres a "normalidade" das eleccións galegas, a pesar de certas medidas aprobadas, como que os carteiros se teñan que responsabilizar de recoller votos directamente nos domicilios.
Por iso, asegurou que, "garantidas" as medidas de seguridade no protocolo aprobado este venres, confía en que prime a "normalidade" na xornada electoral. Ademais, tras o acordo da Xunta Electoral, que permitirá votar por correo sen desprazarse do domicilio, o presidente salientou que se deu "a maior facilidade histórica" para esta vía.
Tamén subliñou que un carteiro é "un funcionario público con absoluta imparcialidade e rigor no seu traballo". "Non hai ningún que se vaia a arriscar a cometer un delito electoral", dixo Feijóo, antes de salientar que o carteiro actuará como "fedatario público a efectos do voto". "É a maior decisión dunha Xunta Electoral que eu lembre desde que hai eleccións democráticas en España", resolveu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.