Un estudo conclúe que Galicia, Canarias e Andalucía serán os destinos favoritos este verán

Jakson Renner Rodrigues Soares, investigador na Universidade de Santiago, sitúa a Galicia, Canarias e Andalucía como os destinos favoritos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/05/2020 | Actualizada ás 19:18

Comparte esta noticia

Un estudo que analiza o comportamento dos residentes en España á hora de elixir destino este verán por mor da COVID-19, sitúa Galicia, Canarias e Andalucía como os destinos favoritos.

O responsable é o profesor do departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Jakson Renner Rodrigues Soares, quen traballou xunto ao Grupo de Investigación Turismo, Economía e Sustentabilidade da Universidade Estadual do Ceará, en Brasil.

As conclusións do informe extráense das máis de 850 enquisas realizadas en todo o territorio español a partir dunha pregunta inicial: 'Planificou vostede algunha viaxe nos próximos meses?'.

Entre as súas achegas, o estudo constata que as persoas que responderon a enquisa non teñen intención, en liñas xerais, de "renunciar ao turismo como parte da súa axenda de lecer", aínda que mostran o seu propósito de "apostar, na medida do posible, por destinos próximos" para "contribuír á recuperación económica do sector".

Entre os destinos máis citados destacan Canarias, Andalucía e Galicia, zonas que durante a pandemia de coronavirus tiveron unha menor incidencia de casos. Así mesmo, ao preguntarlles polos atractivos, os enquisados apostaron polo sol, a praia, a cultura e a natureza como principais motivos para elixir destino.

Outra dás achegas que se obteñen do estudo é a maior preocupación dos turistas por asegurar o investido na viaxe ante posibles imprevistos derivados da situación sanitaria. Entre os factores esenciais a ter en conta, as persoas declaran que procurarán obter unha información minuciosa do lugar de destino (63% das respostas) e a contratación dun seguro de viaxe (60%).

Neste senso, ou estudo tamén amosa as novas preocupacións das persoas sobre a seguridade no espazo elixido, a súa inquedanza ante posibles doenzas endémicas do lugar e o interese sobre a calidade do sistema sanitario da rexión á que se vaia viaxar. Con todo, a pesar da vinculación da orixe do coronavirus SARS-CoV-2 cos mercados de alimentación da provincia de Hubei, as persoas manifestan que non cambiarán os seus hábitos á hora de probar a gastronomía local do destino. Alén diso, as respostas manifestan que manterán ou interese por relacionarse coa poboación local do lugar ao que viaxen.

Á hora de cuantificar os cambios, o estudo indica que a maior parte das persoas que previran unha viaxe dentro de España (60%) manterá a súa intención, mentres que o 25% das persoas con viaxes internacionais previstos consideraron cambiar de destino.

Así mesmo, o responsable do estudo explica que, ademais de España, Portugal e Italia "son vistos como destinos á alza" nas viaxes post COVID-19, en detrimento de países máis afastados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta