O PSdeG contundente coa listas de contratación do Sergas: “Teñen un evidente cheiro electoralista”

Enfermaría reúnense cos socialistas para denunciar a súa situación laboral.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 29/05/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Voceiras do colectivo de Técnicas en Coidados Auxiliares de Enfermería (TCAE) na Área Sanitaria de Pontevedra denuncian a precarización da súa situación laboral no Sergas. Tras unha xuntanza coa  Agrupación Socialista de Pontevedra, unha das afectadas, Vanesa Martínez,  criticou que “a Xunta está a prorrogar os ‘contratos Covid-19’, pensados inicialmente para reforzar o plantel durante os momentos máis duros da pandemia, recolocando a este persoal noutros servizos (sen efectuar ademais as probas PCR, co risco de contaxio que isto supón), en lugar de respectar as listas de contratación”.

Unha sanitaria nun centro de saúde
Unha sanitaria nun centro de saúde | Fonte: EP

Deste xeito, moitas auxiliares de Enfermería non serán chamadas ao longo deste verán para cubrir vacacións ou baixas. Esta situación afecta a unhas 400 profesionais só na Área Sanitaria de Pontevedra.

No encontro, no que estiveron presentes os candidatos do PSdeG á Xunta por Pontevedra, Paloma Castro e Rafael Cotelo, así como o secretario de Organización do partido, Tino Fernández, e o portavoz de Sanidade no Parlamento, Xulio Torrado, as afectadas expuxeron “os xogos de trileiro que Alberto Núñez Feijóo está a realizar coas listas de contratación” destas profesionais.

O PSdeG acusa aos ‘populares’ de aproveitar esta crise “para precarizar aínda máis a situación das auxiliares”, un colectivo no que máis do 35% do persoal é eventual e o 70% son mulleres. Tal e como expresou unha das afectadas, Vanesa Martínez, “a Xunta está a prorrogar os ‘contratos Covid-19’, pensados inicialmente para reforzar o plantel durante os momentos máis duros da pandemia, recolocando a este persoal noutros servizos (sen efectuar ademais as probas PCR, co risco de contaxio que isto supón), en lugar de respectar as listas de contratación”.

Deste xeito, moitas auxiliares de Enfermería non serán chamadas ao longo deste verán para cubrir vacacións ou baixas. Esta situación afecta a unhas 400 profesionais só na Área Sanitaria de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta