Galicia suma tres días seguidos sen rexistrar falecidos por Covid-19

Ata este venres, faleceron 615 persoas con coronavirus

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2020 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Galicia suma tres días seguidos, este mércores, xoves e venres, sen rexistrar falecidos, xa que a última morte comunicada pola Consellería de Sanidade produciuse o pasado martes.

Posible infectada de coronavirus sendo atendida en Urxencias / @miguelnuñez Entrada en Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo por casos de coronavirus / © Miguel Núñez. Entrada en Urxencias / © Miguel Núñez.
Posible infectada de coronavirus sendo atendida en Urxencias / @miguelnuñez Entrada en Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo por casos de coronavirus / © Miguel Núñez. Entrada en Urxencias / © Miguel Núñez.

Deste xeito, os hospitais galegos non comunicaron ningún falecido por oitavo día desde os inicios da crise sanitaria. Pola súa banda, a última morte no interior dunha residencia de maiores produciuse hai máis de tres semanas --7 de maio--, aínda que si que se produciron vítimas mortais en hospitais vinculadas a residencias neste período.

Ata este venres, faleceron en Galicia 615 persoas con coronavirus --483 en atención hospitalaria e 132 dentro de residencias de maiores--.

Os anteriores días sen mortes atribuídas á pandemia en hospitais foron os pasados 29 de abril, 14, 18, 19, 25, 27 e 28 de maio, así como este venres.

A primeira vítima mortal deste virus rexistrouse o 14 de marzo, unha muller de 92 anos que se atopaba ingresada no Hospital Povisa de Vigo. Nesa mesma xornada producíase tamén a morte dun home de 81 anos ingresado en Pontevedra e que deu positivo na proba de COVID-19.

Neses días, os primeiros da alerta sanitaria en Galicia, nos que Galicia contaba con menos de 300 casos activos, houbo dúas xornadas nas que non se rexistrou ningunha morte hospitalaria, o 15 de marzo e o 17 de marzo.

A partir do 18, cando as vítimas mortais en Galicia ascendían xa a catro persoas, os hospitais galegos comunicaron falecementos todos os días, agás en oito ocasións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta