Os casos de coronavirus baixan en 17 persoas e a cifra de contaxiados cae a 732

O número de pacientes ingresados na UCI sobre ata os 4.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2020 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

O número de casos activos de coronavirus COVID-19 en Galicia descendeu a 732, o que supón 17 menos que este sábado, mentres que os pacientes curados aumentaron a 9.958, o que implica 22 máis que a xornada pasada.

Así o constatan os datos actualizados este domingo pola Cosellería de Sanidade, que tamén precisan o aumento de número de pacientes ingresados na UCI ata os 4, un máis que onte. Mentres tanto, 33 seguen noutras unidades de hospitalización e 695 en seguimento domiciliario, datos que descenden con respecto ao sábado.

Segundo as cifras deste domingo, en Galicia hai 9.958 pacientes curados, fronte aos 9.936 contabilizados onte. E as vítimas mortais mantense en 616 desde o sábado.

Co falecemento dunha muller de 82 anos que permanecía ingresada no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) rompeuse coa tendencia rexistrada en Galicia desde o martes, día no que se contabilizou a última vítima do coronavirus.

Por áreas sanitarias, dos 732 casos activos, 266 corresponden á de Vigo (tres menos que o sábado); 167 á da Coruña (tres menos); 135 á de Santiago (un menos); 75 á de Ourense (sete menos); 41 á de Lugo (tres menos); 28 á de Pontevedra (un menos) e 20 á de Ferrol (un máis).

Nesta xornada, Sanidade tamén informou do total de PCR realizadas ata a data, 142.755 en toda Galicia, 1.424 máis que o sábado, cando se contabilizaban 141.331.

Hospital Vithas © Miguel Núñez
Hospital Vithas © Miguel Núñez

RESIDENCIAS

Os casos activos de coronavirus nas residencias de maiores volven descender despois de que o sábado se rexistrase un pequeno repunte que rompía a tendencia á baixa dos días anteriores. Agora volveron a caer os usuarios contaxiados cun total de 39 e os traballadores descenden a 36.

A Consellería de Sanidade recolle na última actualización sobre centros para persoas da terceira idade que durante a pasada xornada se deu a alta a uns usuarios da residencia DomusVi San Lázaro e outro de Divinos Maestro.

Con estas cifras sobre os residentes, Santa Teresa Jornet mantense como a máis afectada, con 20 casos entre os maiores usuarios; seguida por Caser A Zapateira con 4 casos e DomusVi Matogrande, con tres casos. No resto de centros xeriátricos afectados, hai 1 ou 2 diagnósticos positivos.

Por outra banda, recuperáronse dous traballadores da DomusVi Cangas e outro do Divino Maestro, o que deixa en 36 os empregados enfermos con COVID-19.

Tendo en conta os últimos datos, o centro con máis traballadores positivos por coronavirus segue sendo Nosa Señora da Esperanza de Ourense, con 11 casos; seguida por Santa Teresa Jornet, con 6 casos. Nas residencias San José Hermanitas, DomusVi Cangas e Fundación San José Otero hai 4 casos en cada unha, e no resto de centros afectados os casos oscilan entre 1 e 2.

CENTROS DE DISCAPACIDADE

En canto aos centros de atención a discapacitados, desde o sábado os casos de usuarios infectados quedan en sete, catro na DomusVi de Bóveda e un en vivendas Aspronaga, CAPD de Redondela, e residencia Amicos.

Con respecto aos traballadores, mantéñense 6 casos. Así, quedan dous en Santa María-San Rosendo; no resto de centros afectados (CAPD da Coruña, Amicos, DomusVi Bóveda e Monterrei) hai un caso en cada un.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta