Médicos de primaria denuncian "menosprezos" por parte das xerencias

Indican que se refiren á Atención Primaria como "área de descanso".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2020 | Actualizada ás 21:11

Comparte esta noticia

Os médicos de familia da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec) veñen de expresar a súa "sorpresa" polo anuncio de contratacións de persoal de enfermaría en termos de "difícil encaixe racional" pola referencia a "premios para os traballadores".

Manifestación en Santiago de Compostela dos médicos de Atención Primaria de Galicia para solicitar maior tempo de atención aos seus pacientes. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Manifestación en Santiago de Compostela dos médicos de Atención Primaria de Galicia para solicitar maior tempo de atención aos seus pacientes. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Cualifican tamén de "indignante" a consideración da Atención Primaria como "área de descanso" por parte dunha xerencia. "A reprodución deste tipo de comentarios está a crear un estado de opinión lamentable das traballadoras de Enfermería, e da Atención Primaria no seu conxunto", explica a asociación a través dun comunicado.

Por todo isto, instan a que a Atención Primaria sexa "fornecida nestes momentos de precariedade e fraxilidade dos doentes". O traballo, afirman, "non deixa de ser inxente" e

só con "altitude de miras e profesionalidade", os profesionais médicos poden acadar os seus obxectivos. Así pois, fan un chamamento ás xerencias para "non desvirtuar nin menosprezar a Atención Primaria" e ás organizacións sindicais para "non entrar neste tipo de mensaxes que non axudan de ningún xeito a fortalecer o papel fundamental da Atención Primaria que todos deberíamos apoiar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta