Aumentan os accidentes segundo se avanza na desescalada: 53 persoas feridas en 43 sinistros na fin de semana

A Coruña foi a provincia máis afectada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2020 | Actualizada ás 10:24

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 53 persoas debido a 43 accidentes de tráfico rexistrados o fin de semana nas estradas galegas, no marco das restricións de movemento pola crise sanitaria do coronavirus COVID-19.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 29 de maio e as 23,59 horas do domingo 31 un total de 48 chamadas en relación con accidentes de tráfico. O sábado foi a xornada con máis incidentes, con 19 sinistros.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 57. En concreto, as ambulancias realizaron 51 saídas; o helicóptero medicalizado atendeu en dúas ocasións e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en catro accidentes.

En 52 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e nunha ocasión a persoa lesionada recibiu atención no lugar do incidente sen necesitar traslado. A proporción de homes atendida ascendeu ao 71 por cento e a de mulleres reduciuse ao 29%. En canto ás idades dos feridos, o 31% tiña entre os 20 e 34 anos.

A Coruña, con 15 accidentes, foi a provincia con máis sinistros durante os desprazamentos do fin de semana; seguida de Pontevedra, con 14; Ourense, con oito; e Lugo, con seis.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta