A Xefatura Superior de Galicia retoma a actividade das oficinas do DNI, que requiren cita previa

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2020 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

As oficinas do DNI da Xefatura Superior de Policía de Galicia retomaron este luns, día 1 de xuño, a súa actividade tras quedar suspendida debido á crise sanitaria polo coronavirus COVID-19.

Segundo informou a Policía Nacional, atenderase aos cidadáns que queiran renovar a súa documentación, "para o que deben solicitar cita previa", incidiu. Desde o 27 de maio a Policía Nacional "reiniciou de forma gradual e progresiva", lembrou, o servizo de cita previa para obtención ou renovación do seu DNIe ou Pasaporte a través da páxina oficial www.citapreviadnie.es.

A Policía indica que todos os cidadáns "deben acudir á súa cita puntualmente, provistos de máscara, co importe exacto en metálico da taxa (12 euros DNIe e 30 euros Pasaporte) e de forma individual", salvo para expedicións a menores ou persoas que necesiten asistencia, que poderán ir acompañados.

As dependencias das oficinas do DNIe foron equipadas con biombos que dividen as zonas de traballo e separan ao persoal da oficina do cidadán que está a ser atendido, concretou este corpo de seguridade.

Ademais, instaláronse dispensadores de xel hidroalcohólico nas dependencias para que sexa utilizado polo cidadán cando accede ás mesmas e cando as abandona.

A Policía Nacional lembra que a validez de todos os Documentos Nacionais de Identidade que caducasen desde a entrada en vigor do estado de alarma o pasado sábado 14 de marzo "prorrogarase durante un ano ata o día 13 de marzo de 2021".

A Policía Nacional  abre as oficinas do DNI na Xefatura Superior de Policía de Galicia.. XEFATURA SUPERIOR DE POLICÍA DE GALICIA
A Policía Nacional abre as oficinas do DNI na Xefatura Superior de Policía de Galicia.. XEFATURA SUPERIOR DE POLICÍA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta