Medio millón por actualizar unha web

Atos Origin, da que é apoderada a sobriña de Romay faise co seu quinto contrato da Xunta pola vía negociada sen publicidade. É o segundo nun mes.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 11/01/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia acaba de adxudicarlle o Servizo de Desenvolvemento do portal para as entidades locais de Galicia dentro do plan econcellos, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2007-2013). 

A galega Ana Pastor, ex-ministra de Sanidade co PP, nun acto canda Carme Martín de Pozuelo Romay. Foto: Sanifax
A galega Ana Pastor, ex-ministra de Sanidade co PP, nun acto canda Carme Martín de Pozuelo Romay. Foto: Sanifax

En total, esta empresa, con sede en Madrid, recibirá case 455.000 euros por actualizar unha web xa existente. E é que segundo o documento de adxudicación ao que tivo acceso GC, o servizo contratado vai orientado a "acadar unha nova versión do portal EidoLocal que cumpra ou reforce os requirimentos para os que está orientado este portal". Na súa oferta, pídeselle á empresa que presente unha proposta de "como considera que debe facerse esta evolución no plano técnico, funcional, de xestión de contidos e de dinamización". E semella que a oferta de Atos é a máis interesante para a Administración galega.

Entre as "reorientacións" desa web que terá que facer a empresa madrileña están a de "potenciar, consolidar e fortalecer distintos servizos que permitan optimizar os procesos

TIC", "facilitar o aliñamento continuado coa estratexia de sistemas e tecnoloxías da información", "dinamizar os contidos e compoñentes usados en función das necesidades do ámbito de actuación, "proposta proactiva de melloras técnicas, de deseño, funcionais e de organización de contidos" e "aliñamento cos criterios xerais de políticas de evolución de portais, políticas de desenvolvemento da eAdministración, políticas de seguridade e de criterios de software libre determinadas pola Amtega".

Segundo contrato nun mes

Hai un mes, a mesma axencia da Xunta contraba a Atos para un "servizo complementario de evolución e mantemento do sistema de xestión de persoal da Xunta" por 135.755 euros sen IVE. Segundo comprobou GC no Rexistro Mercantil, Carmen Martín de Pozuelo Romay segue a ser apoderada desta consultora que suma 4,6 millóns en contratas deste goberno, 312.000€ mediante encargas a dedo.

Carmen Martín de Pozuelo Romay, directora de Salud en Atos Origin
Carmen Martín de Pozuelo Romay, directora de Salud en Atos Origin

          

Sobriña de Romay e colaboradora de Feijóo en Correos e na Xunta

Martín de Pozuelo é sobriña de Romay Beccaría, presidente do Consejo de Estado. Feijóo fichouna para a súa cúpula cando dirixía Correos e tamén cando entrou como conselleiro de Política Territorial. En 2005, a CIG incluíu o seu nome nun listado de familiares do PP que terían sido enchufados na Xunta.

Cinco contratos a dedo

A Xunta de Galicia xa lle deu, cando menos, cinco contratos a Atos Origin por esta vía dende que goberna Alberto Nuñez Feijóo, ademais doutros por procedementos regrados. Nos últimos catro anos, a consultora logrou en total máis de 4.5 millóns da administración autonómica.

Versión da Xunta

En 2010, a secretaría xeral de Modernización reaccionou á primeira nova de Galicia Confidencial sobre Atos  destacando que esta empresa só levou o 7% dos seus contratos. Cando, tras as denuncias da oposición,  o propio presidente foi cuestionado sobre estes contratos, negou calquera trato de favor e apuntou a que Atos tamén recibira contratos durante o bipartito.

Atos logrou 1,2 millóns en catro anos de bipartito. Ningunha das contratas foi dada mediante o opaco procedemento negociado sen publicidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

8 OpArAsiTo

Se por min fora tiraba coas subvencións dos fondos europeios. Sómentes serviron para alimento das redes clientelares e non para o progreso do país. Mira que non haberá empresas galegas ou rapaces na universidade para eso, pero claro melhor darlho a uns fodechinchos para que venhan nas ferias cós seus audis a nos dicir que non lhe falemos en galego

7 Mal gastado

Eses cartos ben lles podia dar mellor uso Ferrin na RAG

6 observador

A publicidade e o apoio informático son sectores onde se descargan milleiros de carto público ós amigos. O PP gosta deste tipo de privatizacións. Saqueo de cidadáns vía impostos, pasta para os amigos para servizos polo ben do pueblo e pechar o círculo cun postiño nunha destas empresas para cando non haxa mamandurria pública. Todo obviamente por el bien del pueblo. A culpa por suposto é de ZP e do bipartito...

5 Amteguiño

Non se ve o listado de enchufados, e unha lástima.

4 Lucky Luciano

Por algo din que o PP é o partido da familia.