Deputación e Concello de Pontevedra financian a remodelación de oficinas municipais

Cun orzamento de 528.619 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2020 | Actualizada ás 16:26

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o alcalde da cidade do Lérez, Miguel Anxo Fernádez Lores, asinaron este martes o primeiro convenio entre ambas as institucións neste mandato polo que se financian, cun orzamento de 528.619 euros, as obras de remodelación das oficinas municipais de Michelena 30.

Miguel Anxo Fernández Lores agradeceu "a axilidade na tramitación" do convenio xa que, a situación xerada pola pandemia da COVID-19, "fixo acelerar as actuacións" desta obra que estaba prevista no proxecto de modernización da administración.

A día de hoxe, a reforma da planta baixa da sede municipal xa está en marcha, tras ser adxudicada polo procedemento de emerxencia, e a do segundo piso iniciarase con carácter inmediato, posto que parte dos servizos que acolle están a ser trasladados ao edificio que a administración local comprou na rúa Ferreiros.

O final destas obras está previsto para dentro de mes e medio e durante este período os servizos de Rexistro e Padrón préstanse na Casa da Luz baixo a fórmula da cita previa.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA - Arquivo
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Carmela sempre axuda a quen a axuda ! https://twitter.com/00Gamela/status...