A Xunta non renovará o contrato a catro investigadores por ter permisos de paternidade ou maternidade

InvestiGal denuncia que a crise sanitaria actual volve evidenciar as desigualdades que este colectivo sofre de forma recurrente.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/06/2020 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia discrimina a catro investigadores polo feito de que, nestes momentos, están desfrutando de permisos de parternidade ou maternidade. Así o denuncia InvestiGal que critica que, tras o anuncio electoral de Feijóo, e no marco da crise da Covid-19, a Xunta de Galicia ampliou durante 6 meses as figuras contractuais de tódolos investigadores e investigadoras pre e posdoutorais que dela dependen (concretamente, 436), pero deixando fóra ás tres mulleres e un home que se acolleran o ano pasado aos permisos de maternidade e paternidade.

Unha investigadora traballa no laboratorio CiMUS da USC. USC - Arquivo
Unha investigadora traballa no laboratorio CiMUS da USC. USC - Arquivo

“Dende InvestiGal demandamos que de maneira inmediata se inclúa ás investigadoras da Modalidade A 2016 afectadas por permisos de maternidade e paternidade nas prórrogas de 6 meses debido á COVID-19”, denuncia esta entidade nun comunicado.

O programa posdoutoral da Xunta de Galicia busca a formación de investigadores de alto nivel competitivo nas Universidades galegas. “O pasado ano 2019 tanto a Xunta de Galicia como as Universidades recoñeceron que as persoas que eran nais e pais durante o seu programa posdoutoral (Modalidade A) sufrían un alto grao de discriminación”, apunta a entidade que lembra que a Xunta se comprometeu a solventar este problema.

Pero, debido á sorprendente crise causada pola COVID-19,  InvestiGAL di que se pon de novo de manifesto os fallos do sistema ao deixar a estes catro investigadores sen contratar pola súa situacion de conciliación laboral. “Estas persoas, que do mesmo xeito que as demais investigadoras e investigadores viron interrompidos ou seriamente retardados os seus traballos durante a presente situación, reclaman o seu dereito a rematar as súas investigacións, tal e como estaba previsto nos seus contratos, en igualdade de condicións aos seus compañeiros e compañeiras cos que terán que medirse en convocatorias futuras”, denuncia.

Esta entidade de investigadores xa presentou reclamacións ante a Valedora do Pobo,  a Consellería de Educación e GAIN sen obter respostas efectivas. Tamén se presentaron novos rexistros ante a Presidencia, a Secretaría Xeral de Igualdade, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Consellería  de Economía, Emprego e Industria, a Consellería de Sanidade, a GAIN, e a ACIS. Nesta ligazón hai un documento elaborado polo GdT Igualdade, Xénero e Conciliación cunha análise mais detallada desta situación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Moinante

Que votárom os seus pais e avós? Que lhes perguntem, seguro que ai está a causa de que emigrem. Viva o PP!

1 Moine

Viva o PP! Viva a emigraçom!