Renfe pecha ata o 25 de xuño o tramo entre Zamora e Ourense tras o accidente do Alvia

Os viaxeiros terán que completar o traxecto en autobús.

Por Europa Press / Redacción | Zamora | 03/06/2020 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

Renfe anunciou o peche do tramo ferroviario entre Zamora e Ourense ata o 25 de xuño despois do accidente do Alvia rexistrado este pasado martes no municipio zamorano de La Hiniesta, que custou a vida a dúas persoas.

A operadora, que tiña previsto comezar "en breve" unhas obras no citado tramo, optou por aproveitar a circunstancia e anticipar o peche da vía férrea durante o prazo de tres semanas.

Segundo apuntaron fontes da Subdelegación do Goberno en Zamora, a circulación ferroviaria non se restablecerá ata o próximo 25 de xuño e os pasaxeiros da liña Madrid-Galicia terán que completar o traxecto entre Zamora e Ourense por estrada, con transbordos en ambas as capitais.

O anuncio chega apenas unhas horas despois do accidente ferroviario dun Alvia en La Hiniesta no que faleceron dúas persoas; un novo maquinista en prácticas coruñés e o condutor do vehículo co que impactou o tren, de 89 anos.

Imaxe do accidente do Alvia en La Hiniesta.. DELEGACIÓN GOBERNO
Imaxe do accidente do Alvia en La Hiniesta.. DELEGACIÓN GOBERNO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta