Campaña de boicot a Inditex

A Plataforma #BoikotInditex pon en marcha unha campaña contra o grupo de empresas por "escravizar a mulleres e crianzas no seu proceso de produción", tanto nos países emerxentes e subdesenvolvidos, como "no noso propio país", denuncian. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 12/01/2013 | Actualizada ás 23:30

Comparte esta noticia

grafica GC

A campaña de boicot a Inditex denuncia o traballo escravo nos talleres do grupo
A campaña de boicot a Inditex denuncia o traballo escravo nos talleres do grupo | Fonte: rizlinha en Flickr

Coa súa acción pretenden visibilizar ante a cidadanía as "prácticas abusivas que o grupo Inditex realiza a través non só do trato aos seus cadros de persoal nas distintas partes do mundo, senón tamén na Galiza", acusan.

Os membros desta plataforma denuncian tamén "a súa política de contratas e subcontratas, o seu modelo de consumo de fast fashion e a súa contribución a un modelo de beleza marcado polo sistema patriarcal e capitalista".

Acción

A presentación da campaña #BoikotInditex coincidiu co primeiro sábado de rebaixas. Un grupo de mulleres púxose a coser diante dun establecemento de Bershka na Coruña simulando o traballo nos talleres textis mentres visibilizan mediante cartaces situacións reais que se producen no sitema de traballo do grupo Inditex. Así, denuncian por exemplo que moitos traballadores de Inditex non teñen dereito a sindicarse, a facer folga ou a poñerse enfermos sen correr o risco de ser despedidos, ou que en Marrocos as mulleres están a traballar 65 horas á semana por tan só 178 euros ao mes, feito que xa foi denunciado por GC en xaneiro de 2012.

Membros da Plataforma #BoicotInditex, protestan ás portas dun Bershka na Coruña
Membros da Plataforma #BoicotInditex, protestan ás portas dun Bershka na Coruña | Fonte: rizlinha en Flickr

"A día de hoxe o modelo de empresa que iniciou Amancio Ortega é un modelo que se presenta como de éxito, xa que conseguiu situar ao seu principal accionista como o terceiro home mais rico do mundo, que, a pesar da crise na que nos atopamos, que empobrece día a día á cidadanía, segue a aumentar os seus beneficios a costa dese sistema de explotación", critican os membros da plataforma cidadá.

Ademais, salientan que "os medios non tiveron xa máis remedio que sacar á luz as malfeitorías que o grupo Inditex vai facendo polo mundo adiante a través de subcontratas que escravizan a mulleres e crianzas no seu proceso de produción". Mais para a plataforma aínda se está a "silenciar que isto tamén acontece aquí, no noso país, no suposto primeiro mundo".

Por todo isto, a Plataforma #BoikotInditex continuará con esta campaña poñendo en marcha diversas accións de denuncia e boicot ao grupo de empresas de Amancio Ortega e convida ás persoas e colectivos que se queran sumar a participar nesta plataforma.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

9 manuel kron

Si hablaseis en español, esta noticias tendrian mas repercusion. Pues podriamos entenderla mas gente.

8 son eu

Deixando dun lado o contido da nova... que é iso de "crianza" ? E "a costa de"? Respóndovolo eu, o primeiro é un lusismo totalmente innecesario e o segundo é un castelanismo totalmente innecesario (en galego costa é a do Sal ou a da Morte, o "a costa de" do castelán en galego é "A CUSTA DE"). Que fai esta xente dicindo "crianzas" e "a costa de" asemade? Iso é galego ou é portuñol?

1 ImperTInente

Eu também tenho algumha perguntinha para ti. O que é iso de "deixando dun lado"? E "a custa de". Nom estaria melhor "deixando de lado" e "á custa de"?. Além disso, tenho-che que lembrar o sentido das aspas na redacçóm jornalística. Neste caso a finalidade é indicar que se estám a reproduzir literalmente as palavras de alguém. Portanto, som as protagonistas da notícia, e nom as que a redigirom, as que falarom de "criança" e "a costa de". Enfim.

2 son eu

Non sei que carallo dis das aspas... Sabes ler? O outro tampouco o entendo, comparar un erro ortográfico cos graves erros destas raparigas ten moitos collóns... pero é que alén diso, se eu falo ben ou falo mal tampouco vai trocar o feito de que estas raparigas están a falar un portuñol.

3 antiburras

E ti castrapeas en galeñol. Nin que foras de IU.

4 son eu

E ti máis... e ti máis... só sabedes dicir iso, parecedes "crianzas".

7 xan soares

as empresas privadas hainas que viaxar casi tanto coma aos gobernos "democráticos" que sen dúbida son os que máis fano fan á sociedade. Facer públicas as malas prácticas das empresas e bó para que corrixan actitudes e non incurran en malas prácticas pero cando falades de explotación nos países subdesenvolvidos cos ollos dun sindicalista español e que non sabedes de que vai a película. Centrade os vosos folgos en vixiar ao voso goberno que é o que máis dano vos fai.

1 Ex empregado.

Eu fun enlace sindical en Inditex, e de cantas practicas explotadoras e abafantes por parte da empresa queres que che fale? tes todo o día? Podemos escomenzar polos comenzos, cando un Amancio Ortega abandoaba Meicende pòr falla de espazo e negación por parte de Liaño a darlle licenza de expansión de solo, e o empresario faciase cos terreos de Sabón con practicas escuras e latricidas, contra a oposición dos propietarios que negabanse a expropiación por catro patacóns.

2 xan soares

velaí tés un bó argumento para atacar ao goberno, por qué unha empresa en expansión depende dunha licenza dun concello para facer unha ampliación do seu negocio que nos benefecia a todos? Por qué un empresario pode usar, se así foi o caso, a corrupción municipal para expropiar uns terreos en Sabón? Inditex da traballo, chámalle explotador se queres pero da traballo que a xente colle voluntariamente, o goberno só pon atrancos para que nós poidamos conseguir traballos. Aínda así, tamén estou de acordo en facer as empresas o máis transparente posibles para evitar abusos.

6 Boicot xa

Sumarase Beiras durante 5 minutos ao boicote: http://webdev-xornal.openhost.es/ar...

1 antiburras

ALABANZAS A INDITEX El líder del BNG calificó de "muy cordial" el encuentro con Ortega, que forma parte de los contactos empresariales que Beiras ha iniciado en los últimos meses.... Beiras calificó a Inditex como un "prodigio" y "una muestra de la tercera revolución industrial". En concreto, destacó la utilización de la información en el ámbito de la producción y aseguró que la imaginación de los responsables del grupo y la aplicación de... bla bla bla (tirado da anterior ligazón)

5 O Principe dos Mouros

E dicídelle ás miñas amigas as comunistas envexentas que "crianza" en galego é a crianza dun cabalo ou un viño de crianza. "Boy" dise PEQUENO, NENO, RAPAZ, CATIVO, PEQUERRECHO, MENIÑO! Iso que din elas é inventado e non se rexistra en ningures. O GALEGO É UNHA LINGUA MOI RICA! Non queremos que a empobrezades, como empobrecedes a sociedade, cos vosos lusismos! [farto do reintegracionismo esquerdento]