Campaña de boicot a Inditex

A Plataforma #BoikotInditex pon en marcha unha campaña contra o grupo de empresas por "escravizar a mulleres e crianzas no seu proceso de produción", tanto nos países emerxentes e subdesenvolvidos, como "no noso propio país", denuncian. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 12/01/2013 | Actualizada ás 23:30

Comparte esta noticia

grafica GC

A campaña de boicot a Inditex denuncia o traballo escravo nos talleres do grupo
A campaña de boicot a Inditex denuncia o traballo escravo nos talleres do grupo | Fonte: rizlinha en Flickr

Coa súa acción pretenden visibilizar ante a cidadanía as "prácticas abusivas que o grupo Inditex realiza a través non só do trato aos seus cadros de persoal nas distintas partes do mundo, senón tamén na Galiza", acusan.

Os membros desta plataforma denuncian tamén "a súa política de contratas e subcontratas, o seu modelo de consumo de fast fashion e a súa contribución a un modelo de beleza marcado polo sistema patriarcal e capitalista".

Acción

A presentación da campaña #BoikotInditex coincidiu co primeiro sábado de rebaixas. Un grupo de mulleres púxose a coser diante dun establecemento de Bershka na Coruña simulando o traballo nos talleres textis mentres visibilizan mediante cartaces situacións reais que se producen no sitema de traballo do grupo Inditex. Así, denuncian por exemplo que moitos traballadores de Inditex non teñen dereito a sindicarse, a facer folga ou a poñerse enfermos sen correr o risco de ser despedidos, ou que en Marrocos as mulleres están a traballar 65 horas á semana por tan só 178 euros ao mes, feito que xa foi denunciado por GC en xaneiro de 2012.

Membros da Plataforma #BoicotInditex, protestan ás portas dun Bershka na Coruña
Membros da Plataforma #BoicotInditex, protestan ás portas dun Bershka na Coruña | Fonte: rizlinha en Flickr

"A día de hoxe o modelo de empresa que iniciou Amancio Ortega é un modelo que se presenta como de éxito, xa que conseguiu situar ao seu principal accionista como o terceiro home mais rico do mundo, que, a pesar da crise na que nos atopamos, que empobrece día a día á cidadanía, segue a aumentar os seus beneficios a costa dese sistema de explotación", critican os membros da plataforma cidadá.

Ademais, salientan que "os medios non tiveron xa máis remedio que sacar á luz as malfeitorías que o grupo Inditex vai facendo polo mundo adiante a través de subcontratas que escravizan a mulleres e crianzas no seu proceso de produción". Mais para a plataforma aínda se está a "silenciar que isto tamén acontece aquí, no noso país, no suposto primeiro mundo".

Por todo isto, a Plataforma #BoikotInditex continuará con esta campaña poñendo en marcha diversas accións de denuncia e boicot ao grupo de empresas de Amancio Ortega e convida ás persoas e colectivos que se queran sumar a participar nesta plataforma.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

4 O Principe dos Mouros

Eu teño unha curmá traballando para Inditex. Xa leva moitos anos. Quedou dúas veces embarazada e respectáronlle a maternidade. Continúa contratada, colle baixas cando ten que collelas, ten un soldo decente, colle vacacións... Hai que traballar, pero está moi contenta. Non creo que hoxe en día o cambie por nada. Será que sodes unha panda de comunistas inútiles e estades mortas de envexa? Calquera das mulleres e homes que traballan en Inditex cotizando fan moito máis polo sistema social ca vós. Pero que papo ten a esquerda!

1 Cose ti

A tua curmá é das que cosen a roupa na subcontrata? Eu tiña unha tía e era moi distinto to que contas

2 Arnulfo

O príncipe ten toda a razón mentres vivamos ben hai que mirar para outro lado. E o que fixemos nos últimos 30 anos

3 Inditex Denuncias

Nosotros apoyamos la causa y el boicot contra esta empresa, que actúa sin vergüenza contra sus trabajadores y clientes http://inditex-grupo.blogspot.com/

2 HaiCadaUnPorAhiAdiante

"a súa política de contratas e subcontratas, o seu modelo de consumo de fast fashion e a súa contribución a un modelo de beleza marcado polo sistema patriarcal e capitalista"... bueno carallo bueno,estos actos son paiasadas, TODAS as empresas teñen as subcontratas en paises menos desenrolados porque a súa lexislación non ampara ó traballador (legal aínda que non moi ético) e o modelo de beleza non o fabrican eles senón as pasarelas e grandes firmas, xa que estes explotan esas tendencias con fines empresariais e comerciais, se as tallaxes das pasarelas fosen pra xente máis "rechoncha" xa verías ti como estos se poñian ó lio pra non perder mercado.

1 Arnulfo

Países desenvolvidos, desenrolanse as cordas

1 Galeguista de Arteixo

Pois eu fun hoxe de rebaixas a zara e massimo dutti, que metan o #boikotinditex por onde lles pete