Mateo e Sofía, os nomes máis empregados en Galicia en 2019

Lucía e Hugo están á cabeza en España.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2020 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

Mateo e Sofía mantéñense en 2019, do mesmo xeito que en 2018, como os nomes máis postos a recentemente nacidos en Galicia, segundo os datos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Un total de 280 nenos nacidos o ano pasado chamáronse Mateo, con Lucas e Martín empatados no segundo posto (223 ocasións cada un). A lista dos 10 primeiros complétase con: Hugo, Leo, Gael, Enzo, Manuel, Daniel e Pablo.

No caso das nenas, Sofía está á cabeza (208 ocasións). Séguelle Noa en segundo posto e Martina en terceiro lugar. Na listaxe dos 10 primeiros tamén están: Lara, Lucía, Sara, Valeria, Alba, Daniela e Valentina.

De tal forma, do mesmo xeito que en 2018, segue sen haber ningún nome galego en 2019 entre os 10 máis postos.

DATOS EN ESPAÑA

Lucía, imbatible desde 2004, e Hugo volven repetir como os nomes máis frecuentes en España entre os recentemente nacidos o ano pasado, segundo a última estatística do Instituto Nacional de Estatística (INE) que recolle os cen nomes máis comúns en España dos 359.770 nenos inscritos no Rexistro Civil en 2019, publicada este mércores.

No 'top ten' de 2019 non entrou ningún novo nome de nena nin de neno respecto de 2018 e, desde 2017, só apareceu Leo, como precisa o INE.

No caso das nenas, a clasificación ofrece poucas variacións respecto de 2004, ano no que Lucía ocupou o primeiro lugar en detrimento de María, que ocupou o primeiro posto en 2003 e 2002, cando se empezou a publicar esta estatística.

Así, en 2019, os nomes máis usados para nenas foron Lucía (3.621), Sofía (3.505), Martina (3.172), María (3.165), Julia (2.600), Paula (2.498), Emma (2.362), Daniela (2.315), Valeria (2.248) e Alba (2.097) polo que, entre as recentemente nadas, Lucia, Sofía e Martina repiten o ranking do ano pasado.

Doutra banda, avanza Julia (de 6ª a 5ª) e Daniela (de 9ª a 8ª) mentres retroceden Paula (de 5ª a 6ª) e Valeria (de 8ª a 9ª).

No que se refire a os homes, Alejandro era o nome máis común entre 2002 e 2007, ano no que irrompeu Daniel ata 2012 (aínda que un ano antes recuperou a testemuña Alejandro) e en 2013, Hugo ocupou o primeiro posto, que só cedeu en 2017 ante Lucas.

Así, o 'top ten' dos nomes máis frecuentes dos nenos nados en 2019 está composto por Hugo (3.536), Martín (3.256), Lucas (3.185), Mateo (3.160), Leo (2.960), Daniel (2.958), Alejandro (2.937), Pablo (2.868), Manuel (2.460) e Álvaro (2.279).

Deste xeito, Hugo mantivo o primeiro posto como nomee máis frecuente e Martín, segundo, superou a Lucas que foi primeiro en 2017. Ademais, avanzan Martín (de 3º a 2º), Mateo (de 6º a 4º), Leo (de 8º a 5º) e Manuel (de 10º a 9º) mentres retroceden Lucas (de 2º a 3º), Daniel (de 4º a 6º), Pablo (de 5º a 8º) e Álvaro (de 9º a 10º).

Por comunidades autónomicas, hai variacións xa que en Andalucía, Manuel e María son os favoritos; en Aragón, Martín e Lucía; en Asturias, Mateo e Sofía; en Baleares, Marc e Julia; en Canarias, Mateo e Sofía; en Cantabria, Martín e Sofía; en Castela e León, Hugo e Sofía; en Castela-A Mancha, Lucas e Lucía; en Cataluña, Marc e Julia; en Comunidade Valencia, Lucas e Sofía; en Estremadura, Manuel e Sofía; en Galicia, Mateo e Sofía; en Madrid, Mateo e Sofía; en Murcia, Pablo e María; en Navarra, Martín e Ane; en País Vasco, Markel e Ane; na Rioxa, Mateo e Lucía; en Ceuta, Amir e Yasmin; e en Melilla, Mohamed e Amira.

En canto aos nomes máis comúns, o INE xa publicou que Antonio (666.584) e María Carmen (652.184) volvían repetir como os máis comúns en España, seguidos de Manuel (que desbancaba a Jose) e María, segundo datos correspondentes a 2019.

O apelido máis frecuente tamén segue sendo García (xa sexa primeiro ou segundo) con 1.462.923 en primeiro lugar, seguido de Rodríguez (927.056), González (925.695), Fernández (912.009), López (869.944), Martínez (832.525), Sánchez (816.968), Pérez (777.950), Gómez (491.596) e Martin (486.852), unha clasificación idéntica á de 2018.

Dúas mulleres pasean cos seus bebés en carriño. MARTA FERNÁNDEZ XARA - EUROPA PRESS
Dúas mulleres pasean cos seus bebés en carriño. MARTA FERNÁNDEZ XARA - EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta