Stop Accidentes pide máis responsabilidade ante a reactivación da mobilidade e aumento dos desprazamentos

Tamén se está traballando nun manual de seguridade viaria para os usuarios do transporte escolar, tanto alumnos como acompañantes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2020 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

A Xunta e a Asociación Stop Accidentes apelaron este mércores a "extremar as precaucións" na estrada ante a reactivación progresiva da mobilidade e o aumento dos desprazamentos, despois de meses de confinamento por mor da COVID-19.

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, mantivo este mércores un encontro, por videoconferencia, coa representante da Asociación Stop Accidentes en Galicia, Jeanne Picard, onde abordaron a situación derivada da reactivación da circulación.

Ambas coincidiron na necesidade de que este incremento nos desprazamentos vaia acompañado de condutas responsables por parte de todos os usuarios das estradas, para evitar un "incremento drástico" na sinistralidade.

Así, Ethel Vázquez referiuse a a recente campaña de concienciación da Xunta que lembra que se deben evitar distraccións ao volante, como o uso do teléfono móbil, respectar a distancia de metro e medio ao adiantar a un ciclista, ou empregar elementos reflectores que aumenten a visibilidade de peóns e ciclistas.

CONVENIO DE COLABORACIÓN

No encontro tamén se abordou o convenio asinado recentemente entre a Xunta e a Asociación Stop Accidentes para fomentar a cultura da seguridade viaria, fundamentalmente, entre os escolares e as persoas maiores.

Este acordo recolle distintas actuacións, como a mellora da seguridade na contorna do CEIP Santo André de Xeve, en Pontevedra, coa execución dunha senda na estrada PO-223, un proxecto que se someterá no verán ao proceso de información pública.

A Consellería de Infraestruturas tamén está a avanzar na definición da segunda das actuacións recollidas neste convenio: proxectos piloto para conseguir un contorno seguro en dous centros de día ou residencias de maiores do ámbito rural.

No marco desta colaboración, tamén se está traballando nun manual de seguridade viaria para os usuarios do transporte escolar, tanto alumnos como acompañantes. Finalmente, o cuarto eixo do convenio inclúe a realización de talleres en colexios e centros de maiores do catro provincias para concienciar a estes colectivos sobre pautas de mobilidade segura.

Tráfico rodado na cidade da Coruña durante o estado de alarma. ANDY PEREZ
Tráfico rodado na cidade da Coruña durante o estado de alarma. ANDY PEREZ

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta