Feijóo ve unha "boa nova" que se abra a fronteira con Portugal, pero espera a saber se é "parcial" ou "total"

O presidente da Xunta lembra que recentemente Galicia e o Norte de Portugal realizaron un "manifesto" para reclamar aos gobernos español e portugués a apertura dos pasos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/06/2020 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ve unha "boa noticia" que se abra a fronteira de Galicia con Portugal, aínda que espera a coñecer o "contido exacto" da medida anunciada este xoves polo Goberno para saber se é apertura "parcial" ou "total" e "se é suficiente ou non".

Feijóo
Feijóo | Fonte: Xunta.

O Goberno anunciou este xoves que abrirá a fronteira con Francia e Portugal cando termine a última prórroga do estado de alarma, que vence ás 00.00 horas do próximo 21 de xuño.

Preguntado por esta cuestión, Feijóo explica que que existía unha circulación "moi limitada" co país luso, agás pasos en Verín e Tui, polo que considera necesario a apertura doutros puntos como poidan ser Salvaterra e Tomiño.

Feijóo remarca que "é necesaria" esta comunicación entre países para "a actividade comercial e económica". Así mesmo, lembra que recentemente Galicia e o Norte de Portugal realizaron un "manifesto" para reclamar aos Gobernos español e portugués a apertura destes pasos.

Fai fincapé en que esta decisión política e administrativa ten "fundamento sanitario" con base "epidemiolóxica", mentres se busca "non diminuír máis a caída de ingresos", xa que "o maior transvasamento diario que ten España e Portugal é a fronteira galega".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Falsa alarma... Reyes Maroto non sabe a cantas anda... fará igual con Alcoa (?) https://twitter.com/00Gamela/status... Temos un Goberno autoritario pero ademáis dá noxo tanta burramie !!!