Reclaman que Medio Ambiente peche o vertedoiro de Grixoa-Miramontes

"Porque o lixo non se enterra e pola nefasta xestión de residuos da Xunta, situando a Galicia na cola do Estado e de Europa en cifras de reciclaxe", din desde colectivos afectados polo vertedoiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2020 | Actualizada ás 16:26

Comparte esta noticia

Varios colectivos protestaron este xoves ante a Consellería de Medio Ambiente para reclamar o peche das instalacións do vertedoiro de Grixoa-Miramontes, por "non cumprir coa normativa de xestión de residuos" e xerar "un impacto ambiental e social", que "poucos días" atrás "completouse" co "incendio espontáneo de parte do material depositado nel".

Ata diante da sede do departamento que dirixe Ángeles Vázquez, no barrio compostelán de San Lázaro, desprazáronse membros da Plataforma de Afectados polo Vertedoiro de Santiago de Compostela-Miramontes, da Plataforma de Casalonga Limpa de Residuos de Teo e da Asociación ecoloxista Adega.

Na protesta, deron lectura a un manifesto que, entre outras cuestións, baixo a lema 'Xa abonda de tantos incumprimentos!', incide na proximidade de vivendas habitadas e reproba os "constatados lixiviados" do complexo ambiental, así como que o viario de acceso "incumpre o límite de tonelaxe", xa que "está habilitado para a empresa de áridos" e non para "o volume de tránsito de camións que soporta".

O manifesto, tamén alerta dos cheiros nas parroquias limítrofes, así como das "serias posibilidades de contaminación de acuíferos e concas próximas". "Porque o lixo non se enterra e pola nefasta xestión de residuos da Xunta, situando a Galicia na cola do Estado e de Europa en cifras de reciclaxe", agrega.

Finalmente, pide "atención e solucións" por parte da Consellería por outros motivos como a súa "falta de implicación" na "correcta xestión dos biorresiduos" a través da compostaxe in situ e en pequenas plantas ou pola "inexistencia" dun canon ás verteduras e á incineración de residuos, xa que "resulta mais barato enterrar".

Colectivos reclaman ante Medio Ambiente o peche do vertedoiro de Grixoa-Miramontes. ADEGA
Colectivos reclaman ante Medio Ambiente o peche do vertedoiro de Grixoa-Miramontes. ADEGA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta