Alcaldes do PP reafírmanse en que será "seguro" votar nos colexios

O alcalde de Cervo cre que ás eleccións hai que darlles a "normalidade" coa que agora, no día a día, "xa se están facendo moitas cousas, como saír comprar ou ir de terrazas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2020 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

Alcaldes do Partido Popular aseguraron este xoves que o próximo 12 de xullo, día no que se celebrarán as eleccións ao Parlamento de Galicia, será "seguro votar nos colexios galegos".

O Partido Popular remitiu un comunicado aos medios despois de que este mesmo xoves os 21 rexedores do PSOE da provincia de Pontevedra acordasen "responsabilizar" o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "de calquera incidente sanitario ou organizativo" derivado da convocatoria.

Respecto diso, o alcalde de Cervo e vicepresidente primeiro de Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), o popular Alfonso Villares, asegura non estar de acordo coas afirmacións realizadas polos rexedores socialistas de Pontevedra, entre os que están o presidente do ente municipalista Alberto Varela.

Villares crítica que se cuestione a seguridade das eleccións e considera que o presidente da Fegamp, que na nota de prensa remitida polo PSOE de Pontevedra cualificada de "aberración desde o punto de vista sanitario" esta convocatoria, fala "en nome dunha parte dos alcaldes". "Esas declaracións non representan a todos os alcaldes. Somos moitos os que non compartimos a súa opinión", manifesta.

O alcalde de Cervo cre que ás eleccións hai que darlles a "normalidade" coa que agora, no día a día, "xa se están facendo moitas cousas, como saír comprar ou ir de terrazas".

Ademais, puxo en valor que o Goberno galego presentase aos concellos un protocolo "ben feito", no que se planifica a prevención e a seguridade nos colexios electorais pensando na situación actual. Con todo, sinala que, se todo avanza como ata agora, as cousas "van ser moi diferentes a medidos de xullo".

"O día a día das persoas está a normalizarse, e a máis dun mes para as eleccións e con este protocolo, non ten sentido dicir que ir ao colexio electoral non vai ser seguro", sostén.

Urnas Galicia nas eleccións autonómicas do 21 de outubro de 2012.. EUROPA PRESS - Arquivo
Urnas Galicia nas eleccións autonómicas do 21 de outubro de 2012.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta