Temas: FRASEOLOXíA

“Ser fariña doutra muiñada”, “ser viño doutra cepa” ou “ser fariña doutro saco”, equivalentes á expresión castelá “ser harina de otro costal”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Santiago de Compostela | 07/06/2020 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Para darmos a entender que unha cousa vén a ser algo moi distinto daquilo do que se está a falar, ou ben que unha persoa é totalmente diferente a aquela con quen se compara, en castelán adóitase empregar a paremia ser harina de otro costal. Vexamos algunhas das locucións que en galego espremen esa mesma significación:

Muíño de Xan, na Regueira, en Cabana de Vergantiños
Muíño de Xan, na Regueira, en Cabana de Vergantiños | Fonte: Petón do Lobo.

Ser harina de otro costal

{= Ser unha cousa algo moi distinto daquilo do que se está a falar, ou ben ser unha persoa alguén totalmente distinto a aquela con quen se compara.}

Ser fariña doutra muiñada

Ser viño doutra cepa

Ser fariña doutro fol

Ser fariña doutro saco

[E MESMO]:

Ser fariña doutra taleiga

Ex.: Tras el coronavirus va a haber cosas que, sin duda, cambiarán, pero eso de que la mayoría de las grandes fortunas vayan a mirar más por el bien común ya es harina de otro costal.

Tras o coronavirus vai haber cousas que abofé van cambiar, pero iso de que a maioría das grandes fortunas vaian mirar máis polo ben común xa é fariña doutra muiñada viño doutra cepa fariña doutro fol fariña doutro saco.

● Tamén, en bastantes contextos:

Ser otra cosa # otro cantar # otro tema # otro asunto # otra cuestión

Ser outro conto # outra cousa # outro cantar # outro tema # outro asunto # outra cuestión

NOTA:

As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Martínez Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta