Atropelado o lobo de maior envergadura dos últimos seis anos, segundo a Garda Civil

O exemplar pode tratarse do antigo líder dunha manda. Ecoloxistas poñen en dúbida que sexa o exemplar máis grande.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 06/06/2020 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Ourense anunciou que se rexistrou recentemente un atropelo a un lobo á altura do punto quilométrico 120 da autovía A-52. Un lobo que sería o máis grande dos atropelados nos últimos seis anos e que podería ser o ex líder dunha manda.

Lobo morto en Monterroso
Lobo morto en Monterroso | Fonte: GES Monterroso.

"Respecto das dimensións do animal, de maior alza que un pastor alemán común, puidese tratarse dun exemplar pertencente a algunha manda constatada recentemente en terras zamoranas puidendo ser desterrado da mesma por exemplares máis novos, ou ben que ampliase o seu territorio", explicou.

Desde 2014 rexistráronse 10 atropelos a lobos, os tres máis recentes tiveron lugar na N-525 e A-52 en puntos próximos á provincia de Zamora e outros dous nun radio próximo a terras de Trives, No entanto ningún destes 10 exemplares alcanzaba as dimensións deste último, indicou a Benemérita.

Con todo, ecoloxistas consultados poñen en dúbida de que se teña atopado o exemplar de máis envergadura ou mesmo que sexa dunha manda procedente de Zamora. "Para saber iso hai que facer unha serie de comprobacións; mirar o peso, a idade ou saber de que manda procede", apuntan e lembran o protocolo sobre o tratamento do lobo nos medios de comunicación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Victor

Que mágoa. O lobo debería ser tratado como patrimonio natural.