A Xunta quere ofrecer a imaxe de abandeirada do empoderamento das mulleres rurais

A Secretaría Xeral de Igualdade afirma estar traballando para mellorar a situación das mulleres no rural fomentando a súa visibilidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2020 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, destacou a relevancia do apoio da Xunta ao fomento do empoderamiento feminino, o desenvolvemento profesional e o liderado das mulleres rurais.

Así o destacou durante a reunión mantida este venres coa coordinadora do grupo Mulleres de Seu, Carmen Rodríguez, no que López Abella lembrou que desde o Goberno galego trabállase para mellorar a situación das mulleres rurais, fomentar a súa visibilidade e impulsar unha igualdade real de oportunidades en materia de acceso en condicións de emprego, impulsar a súa capacidade para emprender e promover condicións que faciliten a conciliación da vida persoal e laboral nun escenario de corresponsabilidade entre homes e mulleres.

Tamén considerou necesario fomentar e promover o protagonismo feminino na toma de decisións no medio rural, co obxectivo de que as mulleres alcancen a representatividade que equitativamente lescorresponde.

Pola súa banda, segundo indicou a Xunta, a coordinadora do Grupo 'Mulleres de Seu', Carmen Rodríguez, animou a "continuar mellorando" os programas, incorporando a máis mulleres. Todo iso sen "dar as costas a ningún dos problemas das mulleres no mundo". "Tamén son os nosos", indicou.

En concreto, 'Mulleres de Seu', é unha organización recoñecida co Premio de Cooperativas Agroalimentarias de España na Categoría de Igualdade de Oportunidades, concedido en 2017, o Premio Agader 2018 ás Iniciativas de Desenvolvemento Rural na Categoría de Mulleres, outorgado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia e, coa Medalla Emilia Pardo Bazán en 2019 polo seu traballo a favor da igualdade.

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella.XUNTA
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella.XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta