Encontro en Puruchuco

Xacobe Meléndrez Fassbender achéganos esta crónica sobre a exposición que reúne fotografías de Gustavo García Roig e poemas de François Davó. Na Casa-Museu de María Pita ata o 28 de febreiro.

Por GC Tendencias | A Coruña | 15/01/2013 | Actualizada ás 09:22

Comparte esta noticia

Texto e imaxes de Xacobe Meléndrez Fassbender

Os autores da exposición
Os autores da exposición

“Dejame que te cuente limeña”. Fotopoesía intimista.

O fotógrafo Gustavo García Roig e o poeta François Davó elixiron para amosar esta carpeta –encadernada por Rosa Rivas- unha recollida sa de grosas paredes; desta vez, imaxes e poemas fican pendurados nas sólidas pedras dun pequeno espazo da Casa Museo de María Pita.

Se falamos da importancia do lugar de exhibición dentro da comunicación artística, nesta ocasión a comuñón é case total; invita a un recollemento case místico, a un achegamento ás forzas telúricas, mesmo parece que nos traslada ao interior de Puruchuco, ese monumento preincaico e limeño onde vivía o Señor da Cabeza Empenada, con todas as cores das aves como coroa. Estamos alí dentro detendo o tempo nunha mirada interior. Roig recolle os fortes contrastes da luz peruana, no claroscuro que impón o sol, o deus Inti, recortando as sombras.

As sombras cobran especial relevancia nesta creación que as reivindica, e coincide eiquí coa cultura nipoa, procurando a estética fundamental na captura da súa esencia, tal como explica Tanizaki no “Eloxio da Sombra”. Disquisicións que fan ecoar no noso maxín as teorías da colonización oriental do continente americano polo estreito de Bering, moi anterior á europea coa súa estética fundamentada na luz. Aínda que ben sabemos que non existe a unha sen a outra.

Imaxes da exposición
Imaxes da exposición

Luces e sombras teñen desta vez a voz emprestada polo poeta, François, que percorre con grande entusiasmo e recollemento as xeometrías do labirinto iniciático que propón, ou habería que dicir só que amosa, Gustavo nas súas imaxes. Una paisaxe pechada en si mesma e de tempo indeterminado, que quere representar o total, o universo. Representación da representación, unha viaxe espiral que conduce á vertixe da alma.

Estamos dentro. Recibimos o saúdo da Pachamama:

Rimai cu llaiqui! (benvido ao meu corazón)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta