A Coruña quere apostar por un operador enerxético municipal segundo declarou a alcaldesa herculina

Inés Rey asegurou que o operador enerxético municipal tamén reflicte "o compromiso" do goberno municipal "coa sustentabilidade".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2020 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, reiterou a "aposta" do goberno local por impulsar un operador enerxético municipal, segundo remarcou tras visitar, xunto á concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, o centro de referencia climática no lugar de Bens.

Na súa visita, dixo que este centro é "un símbolo do que as políticas ambientais representan para os gobernos socialistas e que asumimos como goberno municipal".

Por outra banda, asegurou que o operador enerxético municipal tamén reflicte "o compromiso" do goberno municipal "coa sustentabilidade". Na mesma liña, destacou a aprobación por unanimidade do pleno da adhesión ao Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía.

Mentres, Rei anunciou que o edificio de Bens levará o nome de Fernando Roade por ser, segundo indicou, un referente na materia e "peza fundamental no nacemento da área de Medio Ambiente" do concello herculino.

Por outra banda, na súa visita, a alcaldesa e a concelleira percorreron as instalacións e comprobaron o avance na instalación das placas fotovoltaicas e do aeroxerador da estación de medición e control meteorolóxico.

A alcaldesa, Inés Rei, e a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, visitan o centro de referencia climática de Bens. CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa, Inés Rei, e a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, visitan o centro de referencia climática de Bens. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta