En Común espera ter un "goberno ecolóxico" para Galicia despois do 12X

Antón Gómez-Reino demandou ao presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, que "escoite" aos opositores e acumule as prazas da Oferta Pública de Emprego en Educación deste ano 2020 ás do 2021.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2020 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

O candidato á Presidencia da Xunta pola coalición Galicia En Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, apelou a lograr nas eleccións autonómicas do próximo 12 de xullo "un Goberno ecolóxico" para Galicia "que poña en marcha un plan de reconstrución" no que se proricen "accións transversais para promover unha verdadeira transición ecolóxica".

Este venres, Día Mundial polo Clima, Gómez-Reino incidiu na necesidade de que a Xunta "actúe" contra o cambio climático a través de "estratexias urxentes" que poñan freo á perda de biodiversidade na comunidade.

Por iso, sinalou que o programa de Galicia En Común para estas eleccións incluirá medidas para "garantir o uso sustentable dos recursos hídricos", impulsar un modelo produtivo "baseado na redución do consumo de recursos materiais", unha aposta pola agroecología e a soberanía alimentaria e un novo modelo de xestión forestal "sustentable e con futuro".

"Ata agora tivemos un Goberno que deixou completamente de lado a protección do medio ambiente en toda a súa acción política. Necesitamos reconstruír a economía deste país para garantir o benestar e a saúde das persoas, pero non poderemos logralo se seguimos deseñando as mesmas políticas negacionistas", incidiu o candidato, segundo recolle un comunicado.

OPOSICIÓNS EDUCACIÓN

Por outra banda, tamén este venres, Gómez-Reino demandou ao presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, que "escoite" aos opositores e acumule as prazas da Oferta Pública de Emprego en Educación deste ano 2020 ás do 2021.

Nun comunicado emitido tras manter un encontro telemático co colectivo 'Opos 2021 Xustas para Todxs', no que tamén participou o número uno da coalición por Pontevedra, Eva Solla; a candidatura lamentou que Galicia "sexa a única comunidade autónoma" que abrise o prazo de inscrición nas oposicións de profesorado, un ano antes de que teñan lugar despois da suspensión da convocatoria actual.

Esta situación, como sinala En Común, impide que as persoas que terminen a súa formación este ano poidan participar nas probas do próximo ano, unha medida que Gómez-Reino considera "electoralista" por parte do mandatario autonómico, Alberto Núñez Feijóo.

O candidato de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino. GEC
O candidato de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino. GEC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Respecto ao futuro goberno ecolóxico antes de deixar a súa acta de deputado en Madrid, podería intentar falar coa vicepresidenta 4ª a ver que lle conta do tema antes de que nos deixen outro Aznalcollar en Galicia (?) https://twitter.com/00Gamela/status... E no hipotético caso dun goberno tripartito en Galicia van facer o mesmo que fixo o Bipartito a respecto do Medio Ambiente (?) https://twitter.com/00Gamela/status... Gostaríanos saber cal é a Axenda Galega !!!

1 Gamela

Que opinión ten dos seus futuros socios á hora de Bloquear a democracia en Galicia ? Refírome a Abel Caballero, Carmela Silva, Eva Solla, Carmen Santos... https://twitter.com/00Gamela/status...