Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2020 | Actualizada ás 16:45
A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, celebrará o día 12 o xuízo contra un home acusado de vender medio gramo de cocaína nas inmediacións dun instituto do municipio coruñés de Ribeira, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Por estes feitos, a fiscal demanda, por un delito contra a saúde pública, unha pena de catro anos de cárcere para o investigado, maior de idade e sen antecedentes penais.
Os feitos remóntanse a xuño de 2014 cando o acusado "vendeu medio gramo de cocaína por 25 euros", de maneira que "atentou contra a saúde pública e a dos consumidores.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.