Campamentos saharauís recibirán axuda galega para resolver necesidades acrecentadas pola pandemia

A Xunta a Sogaps formalizaron un acordo polo que investirán 100.000 euros nun proxecto de urxencia alimentaria.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2020 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

A Xunta e a Asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps) formalizaron un acordo para trasladar recursos aos campamentos de refuxiados saharauís, onde naceron necesidades por mor da crise sanitaria.

No marco do IV Plan Director da Cooperación Galega 2018-2021, ambas institucións acordaron investir 100.000 euros para dar resposta "ás necesidades máis urxentes da poboación saharauí" en relación coa pandemia.

En concreto, realizarase un proxecto de urxencia alimentaria nestes campamentos que buscará contribuír á mellora das condicións de vida da poboación a través da subministración de alimentos que escaseen debido á COVID-19.

Con este xesto, a Consellería de Vicepresidencia precisou que se dá cumprimento ao Plan Anual 2020 que recolle, entre outros compromisos, a continuidade do apoio outorgado á comunidade saharaui desde a cooperación galega.

Un grupo de nenos saharauís participantes no programa Vacacións pola Paz, na súa chegada a Santiago. XUNTA DE GALICIA
Un grupo de nenos saharauís participantes no programa Vacacións pola Paz, na súa chegada a Santiago. XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta