Morre un motorista duns 40 anos ao chocar contra un coche no Pereiro de Aguiar

Ata o lugar trasladouse un helicóptero medicalizado, pero xa nada se puido facer por salvar a vida deste home.

Por Galicia Confidencial | OURENSE | 07/06/2020 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

Un motorista duns 40 anos de idade morreu este domingo nunha colisión contra un vehículo producida nun cruzamento do municipio ourensán do Pereiro de Aguiar.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Segundo informan fontes municipais a Europa  Press, o sinistro ocorreu sobre as 11:15 horas no lugar de Parada, na parroquia de Sabadelle, concretamente na estrada que vai cara a San Miguel  do Campo.

O 112 Galicia, tras ter coñecemento do accidente a través do persoal do 061- Urxencias Sanitarias, deu o aviso á Garda Civil de Tráfico, ao GES do Pereiro de Aguiar e aos bombeiros de San Cibrao das Viñas.  Por parte do servizo sanitario, desprazouse ata o lugar dos feitos un helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Con todo, a pesar dos seus esforzos, o persoal sanitario non puido facer nada por salvar a vida do motorista, un home duns 40 anos de idade, de acordo coas fontes consultadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta