Feijóo responsabiliza a Madrid da "alta taxa de temporalidade" no Sergas e en Asuntos Sociais

A Xunta pídelle ao Goberno central eliminar a taxa de reposición para sacar "todas as vacantes" en sanidade e servizos sociais:

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2020 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reclamou este domingo ao Executivo do Estado que elimine a taxa de reposición para as ofertas públicas de emprego (OPE) de sanidade e servizos sociais como unha forma de "facer xustiza cos colectivos que máis traballaron durante a pandemia".

Profesionais sanitarios traballan nun hospital. FRANCISCO HAVIA
Profesionais sanitarios traballan nun hospital. FRANCISCO HAVIA | Fonte: UNIVERSIDADE DE VIGO

Trátase dunha cuestión que o Executivo galego expuxo xa "hai meses", pero que "de momento non foi escoitada polo Goberno central" a quen responsabilizou da "alta taxa de temporalidade" dos traballadores do Sergas e de Asuntos Sociais.  "Temos a esas persoas contratadas cunha temporalidade que nós non queremos", dixo, para seguidamente reiterar que sería unha boa forma de "agradecerlles" o seu traballo durante a pandemia da COVID-19.

Nos últimos días, o Goberno galego e o Sergas están recibindo numerosas críticas por non respectar a lista de contratación pactada cos traballadores que denuncian as súas precarias condicións de traballo.

Neste sentido, o mandatario galego demandou ao Estado "que autorice" ás comunidades a facer oposicións "sen límites" da taxa de reposición, é dicir, que poidan ofertar "todas as vacantes" que ten a Administración galega tanto en sanidade como en servizos sociais. Así, propuxo que sexa efectivo xa para as OPE deste ano 2020 "e, se non fora suficiente, para as do ano 2021".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta