O sector audiovisual alerta sobre a situación de actores e técnicos e aposta por reinventarse

A chegada da pandemia obrigou a moitos profesionais a repensar o curso dos seus proxectos. "Estamos afeitos a reinventarnos", sinalan tras suliñar a importancia do sector. "As plataformas dixitais axudaron a superar o confinamento", destaca.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELASS | 08/06/2020 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

Á produtora galega Mamen Quintas colleuna o anuncio do estado de alarma en Pamplona, onde estaba rodando unha serie titulada "Tres camiños". “Houbo que desfacer un equipo de máis de setenta persoas, recoller equipos, cámaras... e todo isto en doce horas”, relata.

Pantalla de cinema, cinemas, butaca, butacas, despacho de billetes, entrada, entradas, película. EUROPA PRESS - Arquivo
Pantalla de cinema, cinemas, butaca, butacas, despacho de billetes, entrada, entradas, película. EUROPA PRESS - Arquivo

A chegada da pandemia sumou incertezas e dificultades a un sector que "sempre é complicado, precario e con falta de estabilidade", afirma a produtora no marco do proxecto do Consello da Cultura Galega "Diálogos Confinados" sobre a situación da cultura durante esta pandemia.

Xunto con ela, tamén sufriu as consecuencias do confinamento a directora Paula Cons que tivo que ver como a súa película A Illa das Mentiras, baseada no naufraxio de Santa Isabel fronte á illa de Sálvora, estreabase antes en Arxentina que en España.

Sen festivais, sen mercados e coa xente confinada, Paula Cons considera que a estrea en España “será moi diferente de como estaba deseñado, pero estamos moi afeitos a reinventarnos, a pensar formas novas e a adaptarnos”.

PERDA DE VISIBILIDADE

Precisamente, un dos principais problemas que aqueixan as profesionais é a falta de visibilidade que atravesa actualmente o sector. "A semana pasada participei nun festival en que me seleccionaron cun proxecto dunha serie -relata Paula- e, no canto de estar nunha gran cidade defendendo o traballo, estaba na miña casa competindo... está sendo tremendo porque ten moita menos visibilidade”

OS PEOR PARADOS

Con todo, directora e productora coinciden en que a situación "máis delicada" estalles a tocar a actores e actrices e persoal técnico. "Non teñen un contrato continuado, senón moitos pequenos contratos. Ao ter que parar agora, e encadear etapas sen contratoporque non se poden facer os proxectos, estamos a ver situacións realmente dramáticas” afirma Paula Cons. 

Como nota positiva, ambas profesionais recoñecen o papel da pandemia á hora de poñer en valor a contribución do sector audiovisual á sociedade.  Quintas apuntou que, na pandemia “para saír adiante non che axudou ter dúas casas, ou trinta pares de zapatos, senón un par de plataformas e contidos”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta