O sector do teatro prepárase para un outono "imposible de prever" que virá marcado pola "incerteza"

Nace un espazo de conversas dixitais para discutir o futuro da profesión dramática "en tempos pospandémicos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2020 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

No sector teatral teñen claro que "incerteza" será a palabra que mellor defina o futuro da profesión baixo a "nova normalidade". Para tentar botar luz sobre o día despois dun eido xa acostumado ás dúbidas, a revista Erregueté e Zona Zero veñen de dar luz a unha iniciativa de conferencias dixitais nas que diversas figuras do sector darán a súa visión dos retos a afrontar trala pandemia.

Teatro María Casares
Teatro María Casares | Fonte: remitida.

A convocatoria, titulada "Conversas In-certas", comezará este vindeiro xoves 11 cun dos temas que máis preocupa ós profesionais dramáticos, a programación teatral ante un outono "imposible de prever".  A cuestión será afrontada por Pilar Portela, directora-xerente do Pazo da Cultura de Pontevedra e presidenta da Asociación de Xestores Culturais.

En semanas posteriores, a cita abranguerá dende o futuro da escritura á interpretación de obras, pasando pola crítica ou a dirección. A convocatoria é de balde e queda fixada para as 18:00 horas. Os interesados poden inscribirse e enviar preguntas ao mail "conversasincertas@gmail.com". Iso si, as cuestións terán que chegar "por anticipado, para non sumar incerteza á incerteza", apuntan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta