BNG promete oposicións para "6.000 prazas vacantes" dentro do SERGAS e plans millonarios para a Primaria

A xefa de filas do Bloque acusou a Feijóo por negarse a convocar prazas no Sergas, tamén criticou que a Xunta non fixese nada por reforzar e mellorar a atención primaria a pesar de ser "un elemento fundamental para atender á poboación".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2020 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou que se obtén a confianza dos galegos para liderar a Xunta convocará unha oferta pública de emprego para cubrir "6.000 prazas vacantes en sanidade" e un plan de reforzo urxente na Atención Primaria dotado con 200 millóns de euros.

"Para o BNG o dereito á saúde das persoas é innegociable e, para iso, é clave ter unha sanidade pública forte, que conte con todo o apoio en recursos humanos, económicos e de infraestruturas", manifestou este luns Pontón, quen sostivo que na Galicia postCOVID19 "a defensa dunha sanidade pública forte, con todo o persoal e con todos os recursos sanitarios, é máis necesaria que nunca".

"Se os galegos e as galegas danme o seu apoio para liderar o goberno de Galicia imos fortalecer a sanidade pública con dúas medidas inmediatas que estarían entre as decisións dos primeiros cen días de goberno", manifestou antes de comprometerse a cubrir as "6.000" prazas vacantes no Sergas e a reforzar a atención primaria con 200 millóns de euros.

Pontón mostrouse moi crítica co presidente da Xunta e candidato do PPdeG a quen lle afeou o seu cinismo por agora reclamar a supresión da taxa de reposición --aprobada polo Goberno de Rajoy-- da que foi "aplicado seguidor na sanidade pública galega", á que deixa "con menos profesionais tras dez anos de recortes".

"Foi o Partido Popular quen aprobou a taxa de reposición que impedía contratar persoal na sanidade e nos servizos sociais con Feijóo como abanderado, como alumno aplicado de medida ao longo dos anos da crise e que nos deixa unha sanidade pública nunha situación crítica e con menos persoal", indicou.

A xefa de filas do Bloque acusou a Feijóo de negarse a convocar estas prazas no Sergas e criticou que a Xunta non fixese nada por reforzar e mellorar a atención primaria a pesar de ser "un elemento fundamental para atender á poboación".

Ana Pontón, en rolda de prensa telemática, durante a pandemia do covid-19, este luns 27 de abril. BNG - Arquivo
Ana Pontón, en rolda de prensa telemática, durante a pandemia do covid-19, este luns 27 de abril. BNG - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Non sei se esas 6.000 prazas vainas pagar cos 200 millóns (?) porque aínda que fora o PP quen puxo en pé a taxa de reposición a Ministra de Hacienda non ten unha máquina de imprimir billetes (?) Aquí todos falan de miles de millóns coma se viñaran do aire (?) E seguramente é do AIRE do que imos a vivir os galegos de agora en diante, a non ser que a Néstor Rego lle dean permiso para vir a Galicia logo dos 88 días secuestrado en Madrid (?) Necesito unha tila ben cargada... ou que alguén me explique estes números !