A Xunta renova camas en centros públicos de maiores en plena precampaña

A conselleira de Política Social, Fabiola García, repartiu setenta e unha unidades entregadas pola consellería de Sanidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2020 | Actualizada ás 16:36

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia anunciou este luns a renovación das camas de seis centros residenciais públicos de maiores e de persoas con discapacidade na Coruña, Santiago de Compostela, Cabanas e Ferrol. En concreto, a Consellería de Política Social fixo a repartición esta semana de 71 novas unidades entregadas pola Consellería de Sanidade, despois dunha primeira repartición de 75.

Esta mellora nos centros residenciais, explicou a Xunta, enmárcase no obxectivo de "seguir avanzando no benestar das persoas usuarias" destes centros. En total, en Galicia renováronse 441 camas en perto de vinte en centros residenciais. En concreto, na provincia da Coruña foron 146.

Dentro desta última repartición, o Centro Galego de Desenvolvemento Integral para persoas con discapacidade (Cegadi) de Santiago de Compostela recibiu 35 camas, a residencia de maiores de Oleiros, 87; o Torrente Ballester da Coruña contou cunha decena; e a residencia de Laraxe, en Cabanas, tivo sete novas. En Ferrol, dous centros recibiron sete camas novas.

A conselleira de Política Social, Fabiola García. XUNTA
A conselleira de Política Social, Fabiola García. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta