A Xunta Electoral require á Xunta para que retire da súa web "un xuízo de valor" sobre as obras do CHUAC

Estima parcialmente unha denuncia do BNG.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/06/2020 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

A Xunta Electoral de Galicia estimou parcialmente unha denuncia do BNG en relación á rolda de prensa da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, sobre a licitación pola Xunta das obras da fase cero do plan director das obras do Complexo Hospitalario da Coruña (Chuac) e a noticia publicada na web da Xunta.

Rolda de prensa sobre o proxecto do novo CHUAC
Rolda de prensa sobre o proxecto do novo CHUAC | Fonte: Xunta.

En concreto, os nacionalistas facían alusión a frases como "é a maior obra pública que se impulsou na área da Coruña en moitos anos" ou "o impulso desta infraestrutura sanitaria é unha prioridade para a Xunta", así como as afirmacións alusivas á creación de novos espazos como unha nova unidade de hospitalización.

Os nacionalistas requirían que se solicitase ás administracións implicadas que cesasen "na realización de actos similares durante o período electoral" e a eliminación destas publicacións dos perfís institucionais. Tamén pedía que se inocase un expediente sancionador.

Agora a Xunta Electoral, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), estima parcialmente a denuncia por entender que a expresión "é a maior obra pública que se impulsou na área da Coruña en moitos anos, tanto desde o punto de vista do investimento como polo seu impacto social" constitúe "un xuízo de valor".

"Polo que se eloxia unha actuación da Administración autonómica que, consecuentemente, excede dos límites dunha simple información sobre unha actuación administrativa durante o período electoral".

En base a iso, require á Xunta para que retire dita expresión da súa web institucional, sinala no seu acordo contra o que cabe interpor recurso de alzada ante a Xunta Electoral Central.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta