O choque dun camión e un turismo provoca unha "gran mancha de aceite" no centro de Silleda

Non houbo que lamentar feridos no sinistro que mobilizou aos bombeiros do Deza.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2020 | Actualizada ás 10:08

Comparte esta noticia

Os Bombeiros do Deza foron mobilizados na mañá deste martes debido a unha mancha de aceite "de grandes dimensións" no centro urbano de Silleda (Pontevedra) provocada polo choque entre un camión do leite e un turismo, que se saldou sen feridos.

Así o informou o 112 Galicia, que concretou que neste accidente, aínda que se saldou sen feridos, os danos causados polo impacto levaron a intervir aos efectivos do parque comarcal. Ademais, a circulación interrompeuse ao paso pola Rúa Trasdeza, tal e como indicaron as persoas que chamaron ao 112 Galicia para informar os feitos.

Uns minutos antes das 8,00 horas deste martes o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias comezou a recibir chamadas de alerta por mor dun camión de leite e un turismo accidentados no centro urbano de Silleda.

Tras o aviso, os xestores do servizo de emerxencias 112 Galicia activaron un operativo no que participaron Garda Civil de Tráfico e Policía Local. Posteriormente, sumáronse os Bombeiros do Deza debido á presenza dunha mancha de aceite "bastante grande que comprometía a seguridade viaria", indicou o 112.

O servizo de bombeiros
O servizo de bombeiros | Fonte: CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta