Acusan á Xunta de aproveitar a COVID para privatizar servizos públicos esenciais dentro das consellerías

A Consellería de Presidencia adxudica a limpeza dos Xulgados a unha empresa privada no canto de botar man das listaxes públicas de contratación temporal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2020 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

Primeiro foron os estudantes e sindicatos universitarios, agora é o sector da administración autonómica a través de CCOO. Cada vez son máis as voces que acusan directamente á Xunta de aproveitar a crise da COVID-19 para avanzar na "privatización" dos servizos públicos galegos.

Unha funcionaria limpadora traballando
Unha funcionaria limpadora traballando | Fonte: xunta.gal

O último caso de denuncia xorde despois de que a Consellería de Presidencia decidira escoller unha empresa privada para realizar as labores de limpeza dos xulgados galegos. As autoridades autonómicas, denuncian dende o sindicato, fixeron caso omiso das demandas de CCOO, que pedía reforzar os servizos de hixiene a través das listaxes públicas de contratación temporal. 

UNHA "BURLA"

Segundo informan dende o sindicato, as persoas que conforman estas listaxes "tiveron que aboar unha taxa" para inscribirse nelas e, na súa maioría, "contan con experiencia e formación" para o posto. A decisión da Consellería de Presidencia, porén, pasou por contratar á empresa Clece, pertencente ó Grupo ACS -propiedade de Florentino Pérez- xesto que a organización sindical calificou de "burla" ás persoas que aboaron a taxa.

Neste contexto, CCOO pide á Administración que retire a concesión a Clece para contratar, en troques, cincuenta prazas de limpador e non incorrer en "peores condicións laborais" para os traballadores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta