Denuncian á Xunta por permitir visitas nunha residencia "incumprindo os protocolos de seguridade"

A CIG interpuxo o trámite contra a Consellería de Política Social trala reapertura das visitas a residentes nun centro da provincia de Ourense.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2020 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

A CIG ven de presentar unha denuncia ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social tras o restablecemento do sistema de visitas a residentes na Residencia do Maior Nosa Sra. dos Milagres, situado no concello ourensano de Barbadás. 

Desinfección nunha residencia de maiores por parte da Brilat. BRILAT - Arquivo
Desinfección nunha residencia de maiores por parte da Brilat. BRILAT - Arquivo

Dende o sindicato defenden que o espazo habilitado para a realización das visitas, a capela da residencia, "incumpre os protocolos de seguridade e saúde laboral". Á marxe, a CIG denuncia que a localización das visitas foi imposta "sen consultar ao Comité de Empresa nin ao Comité de Seguridade e Saúde".

A Confederación fixo fincapé na necesidade de adaptar o espazo con "todas as medidas de seguridade para evitar un contaxio" atendendo á situación dos residentes, "especialmente sensibles" á COVID "tanto polas súas patoloxías como pola súa idade". O sindicato fixo ademais un chamamento a evitar "riscos" de cara á propagación da enfermidade logo de "tanto esforzo por parte das traballadoras e traballadores".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Logo de 88 días encerrados, seica non tiveron tempo para arranxar o tema das visitas (?) Estamos en campaña pero os vellos están PRESOS ! Non sei como a CIG non os considera tamén a eles "presos políticos" (?) Xa está ben de xogar cos vellos dun lado e de outro !!!