A Xunta convoca prazas de residencia para estudos posobrigatorios non universitarios no próximo curso

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2020 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a orde da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pola que se convocan as prazas de residencia nos centros residenciais docentes (CRD) da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020/21.

O obxectivo é facilitar o acceso á educación superior ao alumnado que se escolariza en localidades distintas ás do seu domicilio habitual, motivado polo feito de que os estudos que realiza non se imparten en ningún centro sostido con fondos públicos da súa localidade de residencia nin noutra próxima que lle permita o desprazamento diario con facilidade.

As vacantes ofertadas poderanse consultar na páxina web taboleiro de anuncios dos CRD ao tres días da publicación desta convocatoria. O alumnado solicitante que obteña praza terán dereito de reserva ata que complete os estudos dun nivel formativo concreto que de lugar á obtención dun título académico, sempre que non repita curso e non variasen as circunstancias que se tiveron en canta para a adxudicación inicial.

Os residentes que terminen un nivel educación concreto ou ciclo formativo, obtendo as condicións necesaria para alcanzar o título académico correspondente, non terán reserva, polo que, para poder continuar os estudos deberán presentar unha nova solicitude.

Acto Inaugural Do Curso Universitario 2011-2012 Da USC
Acto Inaugural Do Curso Universitario 2011-2012 Da USC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta